La Iberia

xornal liberal e progresista editado en Madrid no XIX

La Iberia foi un xornal español de carácter liberal que se publicou entre 1854 e 1898, fundado por Pedro Calvo Asensio. Entre xaneiro e setembro de 1868 recibiu o nome de La Nueva Iberia.[1]

La Iberia
Diario liberal de la mañana

No exemplar do 12/5/1857 Manuel Murguía fai unha recensión de Rosalía de Castro.
Fundación1854
Remata1898
FundadorPedro Calvo Asensio
Linguacastelán
LocalidadeMadrid
Periodicidadediaria
ISSN1130-7536
Descrito porApuntes para un catálogo de periódicos madrileños desde el año 1661 al 1870 (1894)
Na rede
HemBNE: 0001125620 HemBNE: 1115943
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

La Iberia creouse en Madrid por Pedro Calvo Asensio en xuño de 1854, no seu desexo de facer un novo xornal político de carácter liberal e progresista en España. O título do diario correspondía á aspiración de alcanzar a 'unidade ibérica', é dicir, a unión de España e Portugal.

Desde as súas páxinas apoiouse a Revolución de 1854 e a figura de Baldomero Espartero para dirixir o goberno mentres que se atacaba a Leopoldo O'Donnell.

La Iberia. Diario liberal de la mañana, xunto coa súa atención preferente á política, destacaba, segundo os autores, pola rica e variada información cultural, literaria ou científica que tódolos días ofrecía nas súas páxinas, e que distaba moito da proporcionada por outros xornais madrileños do seu tempo. Estamos ante un xornal, primeiro matutino e de aparición diaria, e despois vespertino e publicado de luns a sábado, en cuxa redacción colaboraron escritores da categoría de Juan de la Rosa, Concepción Arenal, Patricio da Escosura, Gaspar Núñez de Arce ou Manuel Murguía, entre moitos outros, e cuxa principal etapa se desenvolve entre os anos 1860 e 1863, cun equipo xa consolidado, corresponsalías internacionais en Londres e París e unha actividade que, como apuntan os autores, conduciría a La Iberia ao liderado na prensa política e converteríaa en punta de lanza de iniciativas tan significativas para a vida literaria do século XIX como foi a coroación do poeta Manuel José Quintana en 1855.

En 1863 é adquirido por Práxedes Mateo Sagasta, xunto con José Abascal y Carredano, quen o dirixirá até xuño de 1866, alcanzando a súa máxima difusión e servíndolle para criticar ao goberno e preparar a Revolución de 1868.[1][2][3]

  1. 1,0 1,1 "Ficha de catálogo. Biblioteca Nacional de España". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2017. 
  2. "arteHistoria". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2017. 
  3. "Práxedes Mateo Sagasta: ingeniero y periodista". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar