La Coruña Unida
La Coruña Unida foi unha formación política coruñesa de ámbito local xurdida co fin de reivindicar a capitalidade galega por parte da cidade da Coruña en detrimento de Santiago de Compostela durante a etapa coñecida como Transición cara a un estado das autonomías.[1]
La Coruña Unida | |
---|---|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
O seu fundador e máximo dirixente foi o exalcalde Joaquín López Menéndez que, tras abandonar UCD ao non acadar apoios abondos para manter a capitalidade autonómica na Coruña, se presentou ás eleccións municipais do ano 1983 á fronte deste partido. O resultado foi de cinco edís, insuficientes para contrarrestar xunto coa Coalición Popular a maioría absoluta obtida polo PSdeG-PSOE, que tiña a Paco Vázquez á fronte. CP renunciou a presentar formalmente candidato á alcaldía e os seus oito concelleiros votaron en branco [2].
Notas
editar- ↑ Santiago y La Coruña se disputan la capitalidad de Galicia, artigo en El País o 21 de abril de 1978. (en castelán)
- ↑ http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/06/02/nacimiento-mito-politico/728280.html