Abrir o menú principal

La Aurora del Miño foi un periódico semanal editado en Lugo en 1857.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Periódico de intereses morales y materiales, o primeiro número apareceu o 15 de maio de 1857. Fundado por Manuel Soto Freire, o seu director foi Teolindo María Romero ata o 2 de xuño e a partir desa data Dimas Corral Rebellón que dimitiu a finais de xullo[1], e tiña como redactores a Antonio Castro Martínez e aos directores. Colaboraron nel José María Castro Bolaño, José López de la Vega, José Rodríguez e Román García Blanes. Incluía poemas, artigos científicos, correspondencia, crónicas, un boletín relixioso e variedades. Desapareceu o 24 de novembro de 1857 co número 32.

NotasEditar

  1. El Iris de Galicia, 26-7-1857, p. 3.

Véxase taménEditar