La Órbita de Endor
La Órbita de Endor (tamén coñecido coas siglas LODE) é un podcast español creado no 2011 dirixido e presentado por Antonio Runa.[1] O programa atangue a ciencia ficción e a fantasía principalmente,[1] incluíndo temas como banda deseñada, literatura, videoxogos, cinema e series, anime e mangas.
No ano 2015, a descarga media semanal dos programas roldaba entre 15 000 e 20 000,[2] sendo un dos podcasts con máis oíntes de España.
O podcast conta con tres clases de programas, estándar, monográfico e especial, e no ano 2020 estreou a súa tempada número 10.[3]
Nome
editarO nome do podcast pode entenderse como unha dobre referencia ao fandom de fantasía e ciencia ficción: o planeta Endor da saga da Guerra das galaxias e tamén ó termo élfico Endor ou Endórë do Señor dos Aneis.
O proxecto chamouse inicialmente Gate Tannhäuser (A Porta de Tannhäuser) en honra ao famoso monólogo de Roy Batty, unha réplica da película Blade Runner, pero debido á dificultade de deletrear o título o nome foi cambiado.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Andrades, Fran (23 de maio de 2013). eldiario.es, ed. ""Lo mejor y lo peor del mundo del podcast es que cualquiera puede hacer uno"". Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ "Los podcast gozan de buena salud". blog.caixabank.es. 7 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2020.
- ↑ "La Órbita de Endor. Tempada 10". laorbitadeendor.com. Consultado o 11 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial do podcast La Orbita de Endor (en castelán)
- Descargas da plataforma iTunes para La Orbita de Endor (en castelán)
- Descargas da plataforma iVoox para o podcast La Orbita de Endor (en castelán)
- La Orbita de Endor, Facebook (en castelán)
- Páxina da órbita de Endor, Twitter (en castelán)
- Páxina de inicio de La Orbita de Endor, Blogspot, aínda en uso (en castelán)