LU-664

estrada autonómica galega de Monforte de Lemos (LU-546) a Monforte de Lemos (N-120a) - (Lugo)

A LU-664, tamén coñecida como Circunvalación oeste de Monforte ou Rolda urbana,[1] é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une as estradas LU-546 e N-120a servindo de circunvalación da vila de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo. Ten unha lonxitude de 2,7 km.[2]

LU-664
Tipoloxíaestrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude2,7 km
Localización
Inicio LU-546  Monforte de Lemos
Fin N-120a  Monforte de Lemos

Historia editar

En 1993 iniciáronse as obras de construción do primeiro tramo da rolda urbana, entre as rúas Doutor Casares e Chantada. Devandito tramo entrou en servizo en 1995 e recibe a denominación de Rolda de María Emilia Casas Baamonde.[1]

En 2006 inaugurouse o segundo tramo da estrada, dende a rúa Chantada á rúa Ourense, tras un investimento de 1,1 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.[3]

Nos cruzamentos coas rúas Corredoira e Abeledos construíronse dúas glorietas en 2018.[4]

Trazado editar

A LU-664 está formada por dous treitos: dende a estrada LU-546 ata a rotonda do Hórreo, que recibe o nome de Rolda de María Emilia Casas Baamonde, e dende a rotonda do Hórreo ata a confluencia coa rúa Ourense:

  • O primeiro treito comeza no cruzamento coas rúas San Pedro e a estrada LU-546, que tamén comeza nese cruzamento e recibe a denominación de rúa Doutor Casares. Ten cruces ou desvíos coas rúas do Caneiro, Santa Clara, A Veiga, Corredoira e Abeledos, e cos camiños da Barxa e dos Codesos. En parte do seu percorrido dispón dun carril de servizo na marxe dereita. O tramo finaliza na rotonda do Hórreo, onde conflúe coa estrada LU-617, que no seu tramo urbano recibe o nome de rúa Chantada.
  • O segundo tramo comeza na rotonda do Hórreo. A escasos metros do seu inicio hai outra rotonda que permite desviarse cara á estrada da Vide (LU-P-3204). Dende ese punto e ata o final do tramo hai dous carrís de servizo, un en cada lateral, sen acceso á estrada. O tramo finaliza na rotonda onde conflúen a rúa Ourense e a estrada N-120a.

Está prevista a súa prolongación dende a confluencia coa rúa Ourense ata a estrada N-120.[1]

Cruzamentos e saídas editar

Quilómetro Cruzamentos e saídas Notas
0,000 km
 LU-546   Rúa Doutor Casares 
 Rúa San Pedro 
0,040 km
Dereita:  Rúa do Caneiro 
0,320 km
Esquerda:  Rúa Santa Clara 
Dereita:  Camiño da Barxa 
0,520 km
 Rúa da Veiga 
0,890 km
 Camiño dos Codesos 
1,150 km
1ª saída:  LU-P-3202   CG-2.2   Rúa Corredoira 
2ª saída:  LU-664   LU-617 
3ª saída:  Rúa Corredoira  Hospital Comarcal de Monforte
4ª saída:  LU-664   LU-546 
 
1,250 km
1ª saída:  LU-P-3202   CG-2.2 
2ª saída:  LU-664   LU-617 
3ª saída:  Rúa Abeledos 
4ª saída:  LU-664   LU-546 
 
1,550 km
1ª saída:  LU-617   CG-2.2   VG-2.1 
2ª saída:  LU-664   N-120a 
3ª saída:  Rúa Chantada 
4ª saída:  LU-664   LU-546 
 
1,650 km
1ª saída:  LU-P-3204 
2ª saída:  LU-664   N-120a 
3ª saída:  LU-664   LU-546 
 
2,710 km
1ª saída:  N-120a 
2ª saída:  Rúa Ourense 
3ª saída:  LU-546 
 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "El Concello fue el único que alegó al plan de la ronda urbana de Monforte". El Progreso (en castelán). 20 de xaneiro de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  2. "Cátalogo de estradas - CIV". Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  3. "Política Territorial adjudicó las obras de la ronda interior de Monforte por 745.000 euros". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 2005. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  4. "La Xunta construirá dos glorietas en las intersecciones de la ronda de María Emilia Casas Baamonde de la carretera LU-664 en Monforte para mejorar su seguridad vial". Xurado de Expropiación de Galicia (en castelán). 15 de febreiro de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2021.