LOVEppears, unha abreviación das palabras en inglés Love Appears (literalmente "O amor aparece"), é o título do segundo álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, producido por Max Matsuura e lanzado o 11 de novembro de 1999. Este álbum quizais sexa o máis exitoso da carreira de Ayumi, sendo tódolos seus singles verdadeiros éxitos e con mellores vendas dentro do Xapón, e o álbum que sen dúbida a catapultou ó éxito incluso chegando a promocionarse algunhas cancións en países tan impensados como os Estados Unidos. Dentro deste álbum están presentes o seu primeiro maxi, o seu primeiro número un no seu país, á parte do sinxelo máis vendido en toda a carreira da artista, titulado "A", un sinxelo de catro caras A (sendo tamén titulado como o sinxelo con máis cancións na historia do Xapón, xa que contiña 14 cancións). Outro punto é que este álbum é o primeiro da cantante que contén unha canción oculta ó final da última canción, "Kanariya", canción que incluso se converteu nun dos singles do álbum debido o incrible éxito, que obrigou a lanzar aínda máis singles cando supostamente terminara a promoción do álbum. O álbum contén versión rearranxadas e melloradas das cancións que foron lanzadas dentro do ano 1999 como singles, máis un CD de bonus que contiña algunhas cancións do seu álbum debut máis algunhas remesturas.

LOVEppears
Álbum de Ayumi Hamasaki
Gravación1999
Duración104 min 44 s
Xénero(s)J-Pop
Selo(s)avex trax
Producido porMax Matsuura
Cronoloxía
Ayu-mi-x LOVEppears Super Eurobeat Presents Ayu-ro Mix

Lista de temas editar

CD 1 editar

# Título
1. Introduction
2. Fly high
3. Trauma
4. And Then
5. Immature (Álbum Version)
6. Boys & Girls
7. To Be
8. End roll
9. P.S II
10. Whatever (Dub's 1999 Remix)
11. Too late
12. Appears
13. Monochrome
14. Interlude
15. LOVE~refrain~
16. Who...
17. Kanariya (pista oculta)

CD 2 editar

# Título
1. ayu's EURO MEGA-MIX "Y&Co. Mix"
2. ayu's HOUSE MEGA-MIX "N.S House Mix"
3. A Song for XX "MILLENNIUM MIX" from 1st Álbum
4. Powder Snow "Acoustic Orchestra Version" from ayu-mi-x
5. Friend II "MAKE MY MAD MIX" from ayu-mi-x

Posición nas listas editar

Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
11 de novembro de 1999 Oricon Daily Singles Chart #1
11 de novembro de 1999 Oricon Weekly Singles Chart #1 1,201,879 2,562,130 64
11 de novembro de 1999 Oricon Yearly Albums Chart #15 (1999); #14 (2000)
  • Vendas totais: 2,562,130 (Xapón)
  • Vendas totais: 3,500,000 (Asia)

Singles editar

Lanzamento Título Máxima posición Semanas Vendas
10 de febreiro de 1999 Whatever #5 9 189,610
14 de abril de 1999 Love ~Destiny~ #1 26 650,790
12 de maio de 1999 To Be #4 15 324,500
14 de xullo de 1999 Boys & Girls #1 17 1,037,950
11 de agosto de 1999 A #1 18 1,670,000
10 de novembro de 1999 Appears (300,000 copias limitadas) #2 3 290,550
8 de decembro de 1999 Kanariya (300,000 copias limitadas) #1 6 289,200
9 de febreiro de 2000 Fly High (300,000 copias limitadas) #3 4 299,540

Vendas acumuladas dos singles: 4,723,940 Vendas acumuladas dos singles e o álbum: 7,286,070