LATAM Airlines Colombia, primeiro coñecida como Aerovías de Integración Regional S.A. (AIRES) e despois como LAN Colombia, é unha aeroliña colombiana. Trátase da segunda aeroliña máis grande de Colombia tras Avianca.

LATAM Airlines Colombia
IATA
4C
OACI
ARE
Indicativo
LATAM COLOMBIA
Fundación20 de febreiro de 1981 (como AIRES)
Aeroporto principalaeroporto El Dorado
Plan de voo frecuenteLATAM Pass
Frota23
Destinos31
HoldingLATAM Airlines Group
Páxina web: https://www.latam.com

A compañía opera voos regulares domésticos e internacionais de pasaxeiros, ademais de servizos domésticos de carga. A súa base principal está no aeroporto El Dorado, en Bogotá.

O 28 de outubro de 2010 anunciouse que o 98% das accións de AIRES foran mercadas pola aeroliña chilena LATAM Airlines. O 3 de decembro de 2011 comezou a operar como LAN Colombia. Converteuse nun membro afiliado da alianza Oneworld o 1 de outubro de 2013.[1]

Frota editar

 
Boeing 737-700

En agosto de 2017 LATAM Colombia estaba formada polos seguines avións:[2]

Frota de LATAM Colombia
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A319-100 10 144
Airbus A320-200 13 174
Total 23 0

Notas editar

  1. Air Transport World (ed.). "LAN Colombia to join oneworld Oct. 1". Consultado o 12 de maio de 2018. 
  2. "Global Airline Guide 2017 (Part One)". Airliner World (Outubro de 2017): 12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar