Lúa vermella

filme de 2020 dirixido por Lois Patiño

Lúa vermella é un filme galego dirixido por Lois Patiño que se estreou no ano 2020 no Festival Internacional de Cinema de Berlín,[2] dentro da sección Forum. A súa estrea nos cinemas estaba prevista para o 30 de abril.[3] É o segundo filme de Patiño sete anos despois da estrea de Costa da Morte (2013).

Lúa vermella
Ficha técnica
Título orixinalLúa vermella
DirectorLois Patiño
ProdutorFelipe Lage Coro
EstudioZeitun Films
Amanita Studio
EstreaFestival de Berlín: 2020
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Recadación15.447,08 €[1]
Na rede
IMDB: tt11950836 Filmaffinity: 113513 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

A historia trasládanos a unha vila costeira na que o tempo se detivo. Os habitantes están todos paralizados, mentres que a natureza e os animais continúan en movemento. Todos os habitantes están angustiados porque o mergullador Rubio de Camelle desapareceu no mar. Algúns culpan á lúa vermella. Outros ao mar. Outros a unha besta submarina.

Produción

editar

A rodaxe transcorreu entre a comarca de Terra de Lemos e a Costa da Morte.[4]

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Lúa vermella". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2023. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  2. "'Lúa Vermella', de Lois Patiño, estrearase no Festival de Cine de Berlín". Praza.gal. 21 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  3. crtvg.es, ed. (21 de xaneiro de 2020). "'Lúa vermella', de Lois Patiño, estrearase na Berlinale". Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  4. "'Lúa Vermella', de Lois Patiño, estréase na Berlinale". Nós Diario. 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar