Kurtalisa

Kurtalisa foi unha cidade da zona raiana entre os hititas e Mitanni. Foi probabelmente independente desde o século –XVI e caeu baixo influencia de Mitanni, ata que a finais do século –XV foi sometida ao Imperio Hitita. Sobre o -1360 o rei Tushratta de Mitanni favoreceu unha revolta nela. Suppiluliumas I, que probabelmente aínda só era príncipe herdeiro hitita, foi á zona e derrotou aos rebeldes.