Kuphus
Kuphus Rango fósil: Oligoceno - presente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Kuphus polythalamia' (Linnaeus, 1758)[2] | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Kuphus é un xénero de moluscos bivalvos con forma de verme dentro da familia Teredinidae. Hai dúas especies extintas, Kuphus incrassatus e Kuphus fistula. A única especie viva do xénero é Kuphus polythalamia, que é o molusco bivalvo máis longo do mundo.
Os membros deste xénero segregan tubos calcarios. En tempos de Carl von Linné consideráronse vermes tubulares e clasificáronse dentro do xénero Serpula. Non se debe confundir co anélido Riftia.[3]
Kuphus polythalamia
editarO seu tubo calcario permítelle vivir en terreos enlamados de mangleiral. Os espécimes típicos miden un metro de longo e teñen a forma dunha trompa de elefante. A súa punta anterior é pechada e ten uns 11 cm de diámetro.[4]
Distribución
editarKuphus polythalamia vive no oeste do océano Pacífico, o leste do océano Índico e a zona Indo-Malaia.[5] A súa distribución inclúe as Filipinas, Sumatra e Mozambique.[2]
Notas
editar- ↑ Rosenberg, Gary (2010). "Kuphus Guettard, 1770". World Register of Marine Species. Consultado o 2012-01-11.
- ↑ 2,0 2,1 Rosenberg, Gary (2010). "Kuphus polythalamia (Linnaeus, 1758)". World Register of Marine Species. Consultado o 2012-01-11.
- ↑ Kuphus polythalamia Arquivado 07 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. Tideline. Retrieved 2012-01-12.
- ↑ Xray Conchology by Harry G. Lee Retrieved 2012-01-11.
- ↑ Kuphus polythalamia (Linnaeus, 1758) OBIS Indo-Pacific Molluscan Database. Retrieved 2012-01-12.