Kuaizhou (satélites)

Kuaizhou é o nome dunha familia de satélites artificiais da República Popular da China adicados á monitorización de desastres naturais.[1][2][1][3][1]

Kuaizhou 1 editar

Kuaizhou 1 foi lanzado o 25 de setembro de 2013 mediante un foguete homónimo, Kuaizhou 1. O satélite integrábase coa última etapa do foguete e era capaz de realizar manobras orbitais, orbitando a uns 300 km de altura. Reentrou na atmosfera terrestre o 1 de setembro de 2015.[1][2][3]

Kuaizhou 2 editar

Kuaizhou 2 foi lanzado o 21 de novembro de 2014, tamén mediante un foguete Kuaizhou 1, e igualmente se integra coa última etapa do foguete. Tamén é capaz de facer manobras orbitais. Foi inxectado a uns 300 km de altura.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "Kuaizhou satellite" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kuaizhou 1" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kuaizhou 2" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar