KZ 1 (Kuaizhou 1), denominado ás veces KZ 1A e coñecido tamén como Fei Tian 1 (FT 1) na súa versión comercial, é o nome dun modelo de foguete espacial de propelente sólido da China.[1][2]

CaracterísticasEditar

O KZ 1 foi desenvolvido por China Aerospace Science and Technology Corporation (CASIC) como un lanzador pequeno e propulsado por propelente sólido nas súas tres primeiras etapas e propelente líquido na cuarta. Está deseñado expresamente para dar resposta a lanzamentos rápidos en caso necesario, podendo poñer ata 400 kg en órbita. É ofrecido comercialmente co nome Fei Tian 1 (FT 1) e poden lanzarse tanto desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan como desde o Centro de lanzamento de Taiyuan.[1][2]

Historial de lanzamentosEditar

Voo[2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 17 de marzo de 2012 N/A Éxito Primeiro voo de probas dun KZ 1.
2 25 de setembro de 2013 Kuaizhou 1 Éxito
3 21 de novembro de 2014 Kuaizhou 2 Éxito
4 9 de xaneiro de 2017 Jilin-1 Shipin-03 / Xingyun S1 / Kaidun 1 Éxito
5 29 de setembro de 2018 CentiSpace-1 S1 Éxito
6 30 de agosto de 2019 Taizhi 1 / TY 1-07 Éxito
7 13 de novembro de 2019 Jilin-1 Gaofen-02A Éxito
8 17 de novembro de 2019 KL-Alpha A / KL-Alpha B Éxito
9 7 de decembro de 2019 Jilin-1 Gaofen-02B Éxito
10 7 de decembro de 2019 HEAD 2A / HEAD 2B / TY 16 / TY 17 / Tianqi 4A / Tianqi 4B Éxito
11 16 de xaneiro de 2020 Yinhe 1 Éxito
12 12 de maio de 2020 Xingyun-2 1 / Xingyun-2 2 Éxito
13 12 de setembro de 2020 Jilin-1 Gaofen-02C Fallo
14 27 de setembro de 2021 Jilin-1 Gaofen-02D Éxito
15 27 de outubro de 2021 Jilin-1 Gaofen-02F Éxito
16 24 de novembro de 2021 SY 11 Éxito
17 15 de decembro de 2021 GeeSAT 1A / GeeSAT 1B Fallo
18 22 de xuño de 2022 Tianxing 1 Éxito

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2011). "Kuaizhou" (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kuaizhou-1 (KZ-1) / Fei Tian 1" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar