Hanabiko "Koko", nada o 4 de xullo de 1971 e finada o 21 de xuño de 2018, foi unha Gorilla gorilla gorilla coñecida por aprender un gran número de sinais dunha versión modificada da lingua de sinais americana. A súa coidadora, Francine "Penny" Patterson, afirma que Koko era quen de entender máis de 1 000 sinais do que Patterson chama "lingua de sinais gorila" (GSL).[1] En contraste con outros intentos experimentais de ensinar a lingua de sinais a primates, Patterson expuxo ó mesmo tempo a Koko ó inglés falado dende moi cativa. A vida de Koko e o seu proceso de aprendizaxe foi recollido por Patterson e algúns dos seus colaboradores en libros, artigos, publicacións e na súa páxina web.

Koko
EspecieGorilla gorilla gorilla
SexoFemia
Nacemento4 de xullo de 1971 (52 anos)
Zoolóxico de San Francisco, Estados Unidos
Falecemento21 de xuño de 2018
Coñecido porUsar a lingua de sinais americana
http://www.koko.org/

Ó igual que noutros experimentos lingüísticos con grandes primates, conforme Koko foi dominando e demostrando estes sinais, a súa habilidade foi discutida nun estudo publicado en 1999.[2] Mais está xeralmente aceptado que non empregaba sintaxe ou gramática, e que o seu coñecemento da lingua non supera o que pode ter un neno moi pequeno.[3][4][5][6][7]

Koko naceu no Zoolóxico de San Francisco e viviu a meirande parte da súa vida en Woodside, California, malia que o traslado a un santuario de Maui, Hawaii foi proposto dende a década de 1990.[8] O nome Hanabiko (花火子 literalmente "nena dos fogos de artificio"?) é en lembranza do seu aniversario, que cadrou o 4 de xullo, día nacional americano. Koko tamén gañou notoriedade cando adoptou un gato.

Medios editar

Koko e o traballo da doutora Patterson foron obxecto de varios libros e documentais.

Notas editar

  1. Fischer, Steven R. (1999). Reaktion Books, ed. A History of Language. pp. 26–28. ISBN 1-86189-080-X. 
  2. Ward, B. (1999). Koko: Fact or Fiction?. American Language Review, 3(3), 12-15.
  3. Michael W. Eysenck, 2000, Psychology: A Student's Handbook Taylor & Francis, p. 247
  4. Victoria Fromkin, Robert Rodman, Nina Hyams. 2013. An Introduction to Language. Cengage Learning, pp. 20-21
  5. William A. Haviland, Harald E. L. Prins, Dana Walrath, Bunny McBride. 2012. The Essence of Anthropology 3rd ed. Cengage Learning, p. 178
  6. Gisela Håkansson, Jennie Westander. 2013. Communication in Humans and Other Animals. John Benjamins Publishing, p. 131
  7. Joel Wallman.1992. Aping Language. Cambridge University Press, p. 20
  8. The Maui News, ed. (1 de outubro de 2007). "CHECK IT OUT: Gorilla project under redesign". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 16 de maio de 2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar