Lingua klingon

(Redirixido desde "Klingon")

O klingon[3] (tlhIngan Hol, pronunciado fonéticamente como /ˈt͡ɬɪŋɑn xol/) é unha lingua artificial e artística, creada por Marc Okrand para os estudios Paramount Pictures, como idioma vernáculo da raza klingon no universo de Star Trek.

Klingon
tlhIngan Hol
Pronuncia:ˈt͡ɬɪŋɑn xol
Creado por: Marc Okrand1984
Emprego e uso: No mundo Star Trek
Total de falantes: Unha ducia de falantes expertos (1996)[1][2]
Categoria (propósito): Lingua artística
Categoria (fontes): Lingua artificial a priori
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún sitio
Regulado por: Sen regulador oficial, aínda que existe o Instituto da Lingua Klingon
Códigos de lingua
ISO 639-1: Ningún
ISO 639-2: tlh
ISO 639-3: tlh
SIL: tlh

Este idioma foi deseñado cunha orde de palabras tipo Obxecto Verbo Suxeito (OVS).

Os sons básicos, xunto cunhas poucas verbas, foron orixinalmente creados polo actor James Doohan para o primeiro filme baseado na serie orixinal, Star Trek: The Motion Picture. Este filme foi a primeira ocasión na que a lingua puido ser oída, xa que nas aparicións anteriores na serie orixinal os klingon falaran sempre en inglés propio no que se rodou a serie. Foi Marc Okrand quen ampliou o escaso vocabulario creado por Doohan, creando un amplo léxico e unha gramática completa, para Star Trek III: The Search for Spock e as producións posteriores.

O idioma klingon é denominado ás veces como klingonese (traducible como "klingonés"), se ben esta denominación refírese a outra lingua dos klingon que aparece nas novelas de John M. Ford baseadas no mundo de Star Trek, o klingonaase.

NotasEditar

  1. Wired 4.08: Dejpu'bogh Hov rur qablli! - Lawrence Schoen, director do Klingon Language Institute (KLI), calculou en agosto de 1996 nunha ducia o número de falantes de klingon fluído. Tamén estima nuns mil os membros do KLI.
  2. En 1999, a revista satírica The Onion publicou un artigo Arquivado 12 de abril de 2006 en Wayback Machine. no que afirmaba que o número total de falantes de klingon superaba aos que falan navajo con fluidez, citando datos da Modern Language Association. Mais o número total de falantes de navajo é de case 150 mil, unha cifra moi afastada das estimacións máis optimistas respecto aos falantes de klingon, que a revista estimaba en 7.500.
  3. "klingon". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar