Klaus (filme)

filme de 2019 dirixido por Sergio Pablos

Klaus é un filme español de animación de 2019 escrito e dirixido por Sergio Pablos. Foi rodado en lingua alemá e saami e foi producido por Sergio Pablos Animation Studios [2] e foi distribuído por Netflix. Foi escrito por Pablos xunto con Zach Lewis e Jim Mahoney, e está protagonizado polas voces de Jason Schwartzman, J. K. Simmons, Rashida Jones, Will Sasso, Neda Margrethe Labba, Sergio Pablos, Norm MacDonald e Joan Cusack.

Klaus
Ficha técnica
Título orixinalKlaus
DirectorSergio Pablos
ProdutorJinko Gotoh
Sergio Pablos
Marisa Roman
Matthew Teevan
Mercedes Gamero
Mikel Lejarza Ortiz
Gustavo Ferrada
GuiónSergio Pablos
Jim Mahoney
Zach Lewis
Intérpretes
MúsicaAlfonso G. Aguilar
MontaxePablo García Revert
EstudioSergio Pablos Animation Studios
Atresmedia Cine
DistribuidoraNetflix
Estrea8 de novembro de 2019
Duración97 minutos
OrixeEspaña España
XéneroAnimación
Orzamento40 millóns de dólares[1]
Na rede
http://www.thespastudios.com
IMDB: tt4729430 Filmaffinity: 148968 Allocine: 262273 Rottentomatoes: m/klaus Allmovie: v720124 Metacritic: movie/klaus Netlix: 80183187Editar o valor em Wikidata

Klaus estreouse o 8 de novembro de 2019 e recibiu valoracións positivas pola súa animación, historia e interpretacións vocais. Gañou 7 Premios Annie, incluíndo o mellor filme de animación, e gañou tamén o BAFTA ó mellor filme animado. O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme de animación na 92ª edición dos premios, converténdose no primeiro filme de animación de Netflix en ser nomeado a un Óscar. Competiu con J'ai perdu mon corps, How to Train Your Dragon: The Hidden World, Missing Link, perdendo finalmente contra Toy Story 4.[3]

Sinopse editar

Conta unha historia alternativa de Santa Claus que difire do conto histórico de Nicolao de Mira, cunha ambientación ficticia no século XIX. O argumento xira arredor dun carteiro que é enviado a unha illa no norte e que se fai amigo dun xogueteiro (Klaus).

Notas editar

  1. "Klaus, Netflix’ first animated film, presented at Annecy". Cineuropa. 14 de xuño de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  2. Amidi, Amid (9 de febreiro de 2016). "Cinesite's New Montreal Mega-Animation Studio Will Employ 500 and Produce 9 Features, Including 'Klaus'". Cartoon Brew. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  3. "Oscar nominees: It's David and Goliath in animation, but the little guy is well-armed". Los Angeles Times (en inglés). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar