Kjell Magne Yri
Kjell Magne Yri, nado en Hareid o 5 de novembro de 1943 é un sacerdote, lingüista e tradutor noruegués.
Kjell Magne Yri | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1943 |
Lugar de nacemento | Hareid |
Nacionalidade | Noruega |
Relixión | luteranismo |
Alma máter | Universidade de Oslo e MF Norwegian School of Theology |
Ocupación | lingüista, sacerdote, misioneiro, tradutor e tradutor da Biblia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou teoloxía na facultade de teoloxía graduándose en 1970.[1] Realizou un minor en grego na Universidade de Oslo, e tamén estudou latín e hebreo. Na Misión Luterana Norueguesa sentían que a tradución oficial norueguesa era demasiado liberal e encargáronlle realizar unha nova versión ao noruegués do Novo Testamento para uso interno, aínda que Yri non concordaba coa visión conservadora do grupo aceptou a proposta e traballou nesa tradución de 1968 a 1973.[1]
En 1973 viaxou coa súa familia a Etiopía para servir como sacerdote. Aprendeu amhárico e oromo, e máis tarde traballou na zona sidama, e mentres realizou o seu traballo misioneiro alí traduciu o Novo Testamento ao sidamo [2] rematando a tradución en 1988 .[1]
En 1989 deixou a Misión Luterana Norueguesa e volveu estudar na Universidade de Oslo, doutorouse en 1996 e desde 2000 é profesor asociado. Desde 2002 a 2007 dirixiu un proxecto de investigación sobre as linguas de Etiopía.[1]
Realizou a súa tese de doutoramente en 1996, publicada en 1998 co título de My father taught me how to cry, but now I have forgotten. The semantics of religious concepts with an emphasis on meaning, interpretation, and translatability. Ademais escribiu numerosos artigos de lingüística que apareceron en diversas publicacións especializadas