Kingstown é a capital de San Vicente e as Granadinas, un pequeno Estado insular no Mar das Antillas. A súa poboación en 2005 era de 24.518 habitantes. Está situada na illa de San Vicente.

Modelo:Xeografía políticaKingstown
Imaxe

Localización
Mapa
 13°10′N 61°14′O / 13.17, -61.23
Reinos da CommonwealthSan Vicente e as Granadinas
Parish of Saint Vincent and the Grenadines (en) TraducirSão Jorge Parish (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación13.857 (2001) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Altitude1 m-11 m Editar o valor en Wikidata
Creación1722 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Comunicacións

editar

A cidade de Kingstown está atendida polo Aeroporto Ebenezer Theodore Joshua, localizado no concello veciño de Arno Vales, coa que hai voos frecuentes até outras illas como Barbados, Granada ou Trinidad e Tobago.

Sitios de interese[1]

editar
  • Xardín botánico (8 hectáreas), creado en 1763. Curiosamente era o sitio do destino da HMS Bounty antes de que ocorrese o motín[2].
  • Fort Charlotte: é un forte que domina acidade desde uns 200 metros de altura. Foi construído polos británicos en 1806, encima dun cantil, coa idea de poder rexeitar os ataques dos indios caribes.
  • Catedral de San Xurxo: Catedral da igrexa anglicana, edificada a inicios do século XIX.
  • Catedral de Santa María: catedral da igrexa católica romana, erguida en 1935.

Economía

editar

Kingstown basea a súa economía no turismo e na preparación, para exportar, de produtos agrícolas locais como son as bananas, as marantas ou o algodón.

  1. www.aux-antilles.fr
  2. "Sitio do goberno de SVG". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2008. Consultado o 10 de xullo de 2008. 

Véxase tamén

editar