King Kong (filme de 1933)

(Redirección desde «King Kong (1933)»)

King Kong é un filme estadounidense de aventuras de 1933 que trata sobre a aparición dun simio xigante nunha illa perdida. En certa medida o filme é debedor da situación económica e social xerada polo crac da Bolsa en outubro de 1929.

King Kong
Ficha técnica
Título orixinalKing Kong
DirectorMerian C. Cooper
ProdutorMerian C. Cooper
Ernest B. Schoedsack
GuiónJames Ashmore Creelman
Ruth Rose
Edgar Wallace
IntérpretesFay Wray
Robert Armstrong
Bruce Cabot
Frank Reicher
Sam Hardy
Noble Johnson
Steve Clemente
James Flavin
MúsicaMax Steiner
FotografíaEdward Linden
J.O. Taylor
Vernon L. Walker
MontaxeTed Cheesman
Estrea1933
Duración100 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras
Na rede
IMDB: tt0024216 Filmaffinity: 802202 Allocine: 727 Rottentomatoes: m/1011615-king_kong Mojo: kingkong Allmovie: v27391 TCM: 2690 Metacritic: movie/king-kong-1933 TV.com: movies/king-kong-1933 Netlix: 60028114 Editar o valor en Wikidata

Foi emitido na TVG o 2 de febreiro de 2013.[1]

Resumo

editar

Un equipo de cinema levanta áncora rumbo a unha illa ignota (Skull Island) na busca dun misterioso ser chamado Kong. Na illa descobren unha civilización perdida que rapta a atractiva Ann Darrow, a actriz protagonista, para ofrecela en sacrificio ritual a Kong, que resulta ser un xigantesco gorila.

Kong adquire unha estraña atracción por Ann e deféndea do ataque de dinosauros e outros animais prehistóricos antes de ser reducido pola expedición. Inmediatamente decidirase transportar o abraiante simio a Nova York, para ser exhibido publicamente. O contacto de King Kong cun mundo que non é o seu e o amor que sente por Ann son o motor de gran parte do filme.

Equipo

editar

Dirixido por Merian C. Cooper e Ernest B. Schoedsack, contou coa inestimable colaboración do experto en efectos especiais Willis O'Brien (mestre e precursor de Ray Harryhausen, o "mago" das animacións nas producións da Hammer británica).

O argumento e de Merian C. Cooper e Edgar Wallace e a dirección artística de Carroll Clark, Alfred Herman

A actriz protagonista foi a canadense Fay Wray, quen alcanzou o éxito en 1928 con The Wedding March, dirixida polo austríaco Erich von Stroheim.

Remakes

editar
  • John Guillermin realizou en 1976 un remake de escaso éxito.
  • O cineasta Peter Jackson realizou unha versión de éxito, cun estilo visual moi propio do director e con máis acción e aventuras que a versión de 1933.
  1. La Voz de Galicia, 2 de febreiro de 2013. Páxina 52.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Arquivado 31 de decembro de 2006 en Wayback Machine.