Kimitoön (illa)
A illa Kimito[1] ou Kimitoön (finés: Kemiönsaari) é a maior das illas costeiras de Finlandia cunha superficie de 524 km². Está situada na rexión de Finlandia Propia ou Finlandia Meridional (en finés: Varsinais-Suomi e en sueco: Egentliga Finland) na provincia de Finlandia Occidental (Länsi-Suomen lääni). A illa ten unha poboación de 7.500 habitantes divididos entre dous municipios: Kimitoön e Salo, que teñen a maior parte do seu territorio no continente. A illa é bilingüe, pero a maioría é de fala sueca.
Kimitoön | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa ao sur do arquipélago | |
Situación | |
País | Finlandia |
Provincia | Finlandia Meridional |
Mar | Mar do Arquipélago (Báltico) |
Coordenadas | 60°09′22″N 22°42′32″L / 60.15611, -22.70889Coordenadas: 60°09′22″N 22°42′32″L / 60.15611, -22.70889 |
Xeografía | |
Superficie | 524 km² |
Demografía | |
Poboación | aprox. 7.500 hab. |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kimitoön |