Kimberly Breier

diplomática estadounidense

Kimberly Breier, nada en Massachusetts o 12 de setembro de 1972, é unha diplomática estadounidense, Subsecretaria de Estado para Asuntos do Hemisferio Occidental desde outubro de 2018 até agosto de 2019.[1][2]

Infotaula de personaKimberly Breier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Marblehead, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónWalsh School of Foreign Service
Middlebury College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e estudos

editar

Nada no estado de Massachusetts, realizou unha licenciatura en idioma español no Middlebury College. Realizou unha mestría en estudos latinoamericanos na facultade de Servizo Exterior da Universidade de Georgetown.[2]

Carreira

editar

Entre xaneiro de 2005 e xuño de 2006, traballou na Casa Branca na oficina de asuntos do hemisferio occidental do Consello de Seguridade Nacional, primeiro como directora para o Brasil e o Cono Sur, e posteriormente como directora para México e o Canadá. Tamén foi directora interina para a rexión andina.[2]

Traballou no sector privado e en think tanks. Foi fundadora e directora da Iniciativa de Futuros México-Estados Unidos, e subdirectora do Programa das Américas no Centro de Estudos Estratéxicos e Internacionais. Por cinco anos foi vicepresidenta dunha consultora. Durante dez anos foi analista da Axencia Central de Intelixencia (CIA), como así tamén xerente nunha empresa de espionaxe.[2]

Baixo a administración Trump, desde 2017 integrou o equipo de elaboración de políticas para o hemisferio occidental do Departamento de Estado dos Estados Unidos.[2] En marzo de 2018, Donald Trump postulouna como subsecretaria para asuntos do hemisferio occidental, sendo ratificada polo Senado dos Estados Unidos en outubro dese ano. Breier substituíu no cargo a Francisco Palmieri, quen ocupaba o posto de forma interina desde o inicio do mandato de Trump en xaneiro de 2017.[3] Trala súa confirmación no cargo, a través de Twitter expresou cales serían as súas prioridades, considerando aos gobernos de Venezuela e Nicaragua como «réximes corruptos».[4]

  1. "Trump Announces Key Additions to his Administration". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Breier, Kimberly" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  3. "Kimberly Breier, la nueva secretaria de Estado adjunta de EU para Latinoamérica" (en castelán). 13 de outubro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  4. ""Corruptos regímenes de Nicaragua y Venezuela", prioridades de Kimberly Breier" (en castelán). Consultado o 21 de decembro de 2018.