Kevin Young
atleta estadounidense
Kevin Young, nado no barrio de Watts, na cidade dos Ánxeles (California), o 16 de setembro de 1966, é un atleta americano, medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992 en 400 m valados.
Kevin Young | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1966 |
Lugar de nacemento | Watts |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de California, Os Ánxeles e Jordan High School |
Ocupación | atleta |
Premios | National Track and Field Hall of Fame e IAAF Atleta do Ano |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Como estudante da Universidade de California gañou os NCAA de 400 m valados de 1987 e 1988. Debutou internacionalmente quedando segundo nos Xogos Panamericanos de 1987. Nos Xogos Olímpicos de 1988 acabou cuarto, igual posto que nos Campionatos do Mundo de 1991. Nos Xogos Olímpicos de 1992 conseguiu un novo récord do mundo con 46.78, batendo o récord que desde 1983 tiña Edwin Moses.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |