Kent Ridge 1 é un satélite artificial da Universidade Nacional de Singapur lanzado o 16 de decembro de 2015 mediante un foguete PSLV-CA desde o Centro Espacial Satish Dhawan.[1][2][3][4]

Kent Ridge 1
OrganizaciónUniversidade Nacional de Singapur
Data de lanzamento16 de decembro de 2015[1][2]
Foguete portadorPSLV-CA[2][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Satish Dhawan[2][3][4]
Obxectivo da misiónObservación terrestre.[2][3][4]
NSSDC ID2015-077B
Masa123 kg[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6908 km[1]
Inclinación15,0°[1]
Apoapse544,8 km[1]
Periapse530,2 km[1]

Características editar

Kent Ridge 1 é un satélite para a observación da Terra en modo hiperespectral desenvolvido pola Universidade Nacional de Singapur en colaboración con Berlin Space Technologies. Ten unha masa de 78 kg e usa o bus LEOS-50. O satélite pode obter imaxes no rango visible e no infravermello, no rango entre 400 e 900 nanómetros e entre 900 e 1700 nm, co fin de xestionar a terra, a auga e a vexetación, así como monitorizar en caso de desastre.[1][3][4]

O satélite aliméntase mediante células solares e leva tres cargas a bordo: dúas cámaras hiperespectrais baseadas na transformada de Fourier e unha cámara de vídeo de alta resolución.[1][3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "KENT RIDGE 1" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Kent Ridge 1" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Kent Ridge 1, 1B (KR 1, 1B)" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mark Wade (2023). "Kent Ridge 1" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar