Ken Akamatsu

mangaka xaponés

Ken Akamatsu (赤松健, Akamatsu Ken) é un historietista xaponés (mangaka), nado o 5 de xullo de 1968 en Kanagawa. Mide 1,68 m e pesa 50 kg. Suspendeu en dúas ocasións o exame de acceso á Universidade de Toquio na sección de estudos audiovisuais e acabou estudando literatura na Universidade de Chūō.

Ken Akamatsu
Ken Akamatsu at Japan Expo 20150705.jpg
Nacemento5 de xullo de 1968
 Prefectura de Kanagawa
NacionalidadeXapón
Alma máterChuo University
OcupaciónMangaka
CónxuxeKanon Akamatsu
Coñecido porLove Hina, Negima! e UQ Holder!
PremiosPrêmio de Mangá Kōdansha e Weekly Shōnen Magazine award
Akamatsu Ken sign.svg
editar datos en Wikidata ]

Igual que moitos debuxantes xaponeses, comezou debuxando dōjinshi para o Comiket, baixo o pseudónimo de Awa Mizuno (水野亜和, Mizuno Awa), e posteriormente meteuse no manga comercial. Love Hina foi o manga co que se deu a coñecer ó mundo, aínda que anteriormente debuxara AI Ga Tomaranai e Always My Santa.

A maior parte das súas obras teñen escenas ecchi e, concretamente, Love Hina e Magister Negi Magi pódense considerar "harem manga", pois o protagonista é un rapaz rodeado de rapazas.

Akamatsu recoñece que o seu personaxe predilecto de Love Hina é Motoko Aoyama. Mide 1,75 m e podería pasar por modelo. A primeira vista é forte, pero divírteo debuxala porque tamén ten unha parte sensible e ás veces rompe a chorar.

ObraEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar