Keidi Bare
Keidi Bare, nado en Fier o 28 de agosto de 1997, é un futbolista albanés que xoga como centrocampista no Zaragoza, da Segunda División.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1997 (27 anos) Fier, Albania | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 59 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Albania | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarApolonia
editarFormouse como futbolista nas canteiras do Olimpic CF de Yrshek e do Apolonia da súa cidade natal, debutando co primeiro equipo deste último con só 16 anos, nun partido ante o Pogradeci.[1]
Atlético de Madrid
editarEn decembro de 2013 ingresou na estrutura do Atlético de Madrid tras un torneo de proba en Tbilisi, onde foi nomeado mellor centrocampista.[2]
En xaneiro de 2014 foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo dirixido por Diego Simeone. Foi nun partido da Copa do Rei ante a UD Las Palmas no que debutou co equipo ao entrar ao terreo de xogo nos minutos finais como substituto de Ángel Correa.[3] Pechou a súa primeira media tempada en España co ascenso á Segunda División B co Atlético de Madrid B, contribuíndo cun gol ante a Gimnástica de Torrelavega na promoción de ascenso.[4]
O 31 de agosto de 2018 foi cedido ao Atlético Malagueño, da Segunda B.[5] Titular indiscutible, xogou completos todos os partidos ata novembro, cando foi subido ao primeiro equipo, debutando na Segunda División o 11 de novembro, nun empate 2-2 ante o Sporting de Gigón.[6]
A partir de xaneiro de 2019 consolidouse no once inicial do primeiro equipo e participou nos dous partidos da promoción de ascenso na que o seu equipo foi eliminado polo Deportivo da Coruña.
Espanyol
editarEn setembro de 2020 asinou un contrato de catro anos co Espanyol, que viña de descender á Segunda División.
Zaragoza
editarO 26 de xullo de 2024, despois de rematar o seu contrato co Espanyol, fichou polo Real Zaragoza.[7]
Selección nacional
editarDebutou coa selección albanesa o 26 de marzo de 2018, nunha derrota por 1-0 contra Noruega, despois de entrar como substituto de Kamer Qaka na segunda metade.[8]
Notas
editar- ↑ "Pogradeci vs. Apolonia Fier 0 - 1" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2024.
- ↑ "Ne fokus/ 17 vjecari Kejdi Bare, kalon proven tek Atletiko Madrid" (en albanés). 25 de decembro de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2024.
- ↑ "Atletico Madrid vs. Las Palmas 2 - 3" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2024.
- ↑ "Bare shënon dhe ngjit Atletiko B në Segunda B! Bllokimi i merkatos e bashkon me ekipin A" (en albanés). Consultado o 8 de decembro de 2024.
- ↑ "Keidi Bare, traspasado al Atlético Malagueño" (en castelán). 31 de agosto de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2024.
- ↑ "Sporting Gijon vs. Malaga 2 - 2". soccerway.com (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2024.
- ↑ "¡Bienvenido, Keidi!" (en castelán). 26 de xullo de 2024. Consultado o 8 de decembro de 2024.
- ↑ "KOMBËTARJA HUMBET MIQËSOREN ME NORVEGJINË PANUCCI: “GJENDJA FIZIKE BËRI DIFERENCËN”" (en albanés). 26 de marzo de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2024.