Catana

(Redirección desde «Katana»)

A catana[1] (en xaponés: ) é un longo sabre xaponés (daitō), aínda que a palabra é usada xenericamente para denominar todos os sabres no Xapón. "Katana" é o kunyomi (Lectura xaponesa) do kanji 刀; o oniomi (Lectura chinesa) é "tō" (pronunciado [to:]). Refírese a un tipo particular, un sabre dun único gume, curvada, tradicionalmente utilizada polos samurai. A vaíña da catana chámase saya, o gardamáns Tsuba.

Catana

A catana úsase principalmente para cortar e considérase frecuentemente unha guillotina de man. Desenvaíñase levando o gume cara enriba e pódese brandir cunha ou dúas mans (sendo esta última modalidade a máis común). Aínda que a arte de utilizar a espada segundo o seu propósito orixinal quedou na actualidade case obsoleto, o kenjutsu converteuse en gendai budō - unha arte marcial moderna. A arte de brandir a catana denomínase iaidō, e kendō é a arte de esgrimir unha espada de bambú coñecida como shinai utilizando como protección unha máscara e unha armadura. As vellas escolas de espadas koryū aínda existen: Kashima Shintō Ryū, Kashima Shin Ryū, Katori Shintō Ryū.

Este tipo de sabre ten folla curva, pois dese xeito maximízase a forza do golpe ao ir montando a cabalo.

Métodos de produción editar

 
Catana.

As espadas xaponesas e outras armas cortantes fabricábanse mediante un elaborado método de quecemento reiterado, pregando e martelando o metal. Esta práctica orixinouse do uso de metais altamente impuros, e estando aínda ao roxo vivo arrefriábanse, requentábanse e logo trenzábanse. Ao acabar, cortábase a trenza en cachos, con cada un dos cales se volvía a fundir unha variña que se pasaba por carbón. O proceso repetíase varias veces, e en cada unha delas ía aumentando a porcentaxe de carbono até obter aceiro. Tras a última das trenzadas martelábase até aplanar. Ao ter unha estrutura organizada en varas, a espada posuía grande elasticidade, polo que non rompía tan facilmente.

A curvatura distintiva da catana débese, en parte, ao trato diferencial durante o quecemento ao que se somete. Ao contrario da gran parte das espadas producidas noutros lugares, os ferreiros xaponeses non endurecen o sabre completo, soamente o lado que posúe gume. O proceso de endurecemento fai que a punta do sabre se contraia menos que o aceiro sen tratar cando arrefría, algo que axuda ao ferreiro para establecer a curvatura do sabre. A combinación dun lado duro e un lado mol da catana e doutros sabres xaponeses é a causa da súa resistencia a pesar de reter un bo lado cortante.

Mitos editar

Hai moitos mitos ao redor das espadas xaponesas, o máis coñecido é que as espadas dobran un gran número de veces, obtendo propiedades máxicas. Hai que subliñar que con cada dobramento feito polo fabricante, redóbrase cada capa interna, e por isto o número total de capas nunha catana é dous elevado ao número de dobramentos realizados.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para catana.

Véxase tamén editar

Artigos relacionados editar