Karl Kautsky
Karl Kautsky, nado en Praga o 18 de outubro de 1854 e finado en Ámsterdan o 17 de outubro de 1938, foi un filósofo e político checo-alemán, un dos principais teóricos do marxismo.
Karl Kautsky | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de outubro de 1854 e 18 de outubro de 1854 |
Lugar de nacemento | Praga |
Falecemento | 17 de outubro de 1938 |
Lugar de falecemento | Ámsterdam |
Soterrado | Westerveld |
Nacionalidade | Imperio Austrohúngaro e Reich alemán |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade de Viena, Akademisches Gymnasium e Ginásio de Abadia de Melk |
Ocupación | político, filósofo, economista e xornalista |
Pai | Johann Kautsky |
Nai | Minna Kautsky |
Cónxuxe | Luise Kautsky e Louise Kautsky |
Fillos | Karl Kautsky, Benedikt Kautsky e Felix Kautsky |
Coñecido por | Forerunners of Modern Socialism |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Kautsky estudou historia e filosofía na Universidade de Viena en 1874, e se tornou membro do Partido Socialdemócrata de Austria (SPÖ) en 1875. De 1885 a 1890, viviu en Londres, onde se converteu en amigo de Friedrich Engels. En 1891 redactou o Programa de Erfurt do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) canda August Bebel e Eduard Bernstein.
Após a morte de Friedrich Engels en 1895, Kautsky foi un dos máis importantes e influentes teóricos do socialismo. Máis tarde, no entanto, derivou cara a unha posición centrista no interior da socialdemocracia alemá, cando Rosa Luxemburg e a esquerda do partido se disgregaron en 1916 debido ó apoio do partido á participación de Alemaña na primeira guerra mundial. Porén, non alentou esta posición patriótica até a fin da guerra. En 1917 Kautsky abandonou o SPD, cando se afiliou ó Partido Socialdemócrata Independente de Alemaña (USPD), regresando ó SPD en 1922.
En 1882 Kautsky fundou a revista Neue Zeit ("Tempo Novo"), da que foi o editor até 1917.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karl Kautsky |
Ligazóns externasEditar
- Kautsky Internet Archive (en inglés).
- Archivo Karl Kautsky (en castelán).
- Karl Kautsky (en portugués).