August Bebel
August Ferdinand Bebel, nado en Deutz o 22 de febreiro de 1840 e finado o 13 de agosto de 1913, foi un político alemán, un dos fundadores do Partido Socialdemócrata de Alemaña.
Traxectoria
editarBebel naceu a carón de Colonia, fillo de Johann Gottlob Bebel e Wilhelmine Johanna Bebel, despois da morte de seu pai de tuberculose en 1844 a súa nai volveu casar pero o seu padrasto morreu aos dous anos e a familia pasou serios apuros económicos, trasladándose a Wetzlar, onde August comezou a escola primaria. En 1853 morreu súa nai, August pouido seguir estudando grazas a unha pensión para orfos pero tivo que deixalo para entrar a traballar no obradoiro dun mestre torneiro, sen deixar de ler todo o que podía. Tras recibir o título de compañeiro (Gesellen) en 1858 emprendeu unha viaxe como era tradición nos gremios alemáns, exercendo o seu oficio en cidades e vilas do sur de Alemaña e Austria. Estableceuse en Leipzig traballando nun grande obradoiro, ingresando en 1861 na recentemente creada asociación local de artesáns, de ideoloxía liberal, en 1864 estableceuse como mestre no seu propio obradoiro. Participara xa na creación da Asociación Xeral de Traballadores Alemáns de Ferdinand Lassalle en 1863 e en 1867 fundou o Partido Popular Saxón xunto a Wilhelm Liebknecht, quen o introducira nas ideas marxistas, e o Partido Socialdemócrata dos Traballadores de Alemaña en 1869, que se acabou integrando na "Asociación Xeral de Traballadores Alemáns") en 1875 para formar o Partido Socialista dos Traballadores de Alemaña, o cal mudou de nome en 1890 para denominarse Partido Socialdemócrata de Alemaña en 1890.
En 1872, Bebel viuse implicado nun proceso xudicial coñecido como Leipziger Hochverratsprozess e sentenciado a dous anos de cárcere en Festungshaft ("prisión nunha fortaleza"), que pasou na Fortaleza de Königstein. Bebel foi máis tarde presidente do SPD e membro do Reichstag.
Mulleres e matrimonio
editarO libro de Bebel, A muller e o socialismo[1] contiña un ataque á institución do matrimonio que identificaba a Bebel coas formas máis extremas de socialismo.
O Partido Socialista é o único que fixo da plena igualdade das mulleres, a súa liberación de toda forma de dependencia e opresión, parte integral do seu programa; non por razóns de propaganda, senón por necesidade. Porque non pode haber liberación da humanidade sen independencia social e igualdade dos sexos.[2]
O libro ocupou un lugar destacado despois de que James Connolly, entón membro do Partido Socialista Laborista de América (SLP), denunciáseo como un libro "case-lascivo" que repelería a potenciais recrutas do movemento socialista.[3] No prefacio á tradución inglesa de Daniel de León, Woman Under Socialism, León distanciouse de Bebel neste punto, sostendo que a monogamia era a forma máis desexable de organización social.[4]
Homosexualidade
editarEn 1898 expresou o seu apoio á despenalización da homosexualidade no Reichstag.[5]
Notas
editar- ↑ Bebel, August (1986). La mujer y el socialismo (en castelán). Editorial de Ciencias Sociales.
- ↑ "Introduction by August Bebel". www.marxists.org. Consultado o 2024-06-22.
- ↑ "The Connolly-DeLeon Controversy (1904)". www.marxists.org. Consultado o 2024-06-22.
- ↑ Bebel, August (1904). Woman Under Socialism (en inglés). New York Labor News Press.
- ↑ "On Homosexuality and the Penal Code". www.marxists.org. Consultado o 2024-06-22.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: August Bebel |
Ligazóns externas
editar- Biography of August Bebel, consultado o 31 de maio de 2007. (en inglés)
- August Bebel Archive (en inglés)