Karel van Mander

pintor, poeta e biógrafo flamengo

Karel van Mander, nado en Meulebeke en maio de 1548 e finado en Ámsterdam o 2 de setembro de 1606, foi un pintor, poeta e biógrafo flamengo.

Karel van Mander
Nacementomaio de 1548
Lugar de nacementoMeulebeke
Falecemento11 de setembro de 1606 e 1606
Lugar de falecementoÁmsterdam
SoterradoOude Kerk
NacionalidadePaíses Baixos dos Habsburgo e Provincias Unidas
Ocupaciónhistoriador da arte, pintor, escritor, poeta e biógrafo
FillosKarel van Mander
IrmánsAdam van Mander
Coñecido porThe Flood, sen etiquetar, A Adoração dos Pastores e The Continence of Scipio
editar datos en Wikidata ]

traxectoria editar

 
Continencia de Escipión de Karel van Mander (1600), óleo sobre coiro, 44 x 79 cm. Rijksmuseum, Ámsterdam.

Nado no seo dunha familia nobre de Meulebeke, realizou a súa aprendizaxe con Lucas de Heere en Gante, e entre 1568 e 1569 con Pieter Vlerick en Kortrijk. Nos cinco anos seguintes dedicouse a escribir obras de teatro de carácter relixioso, para as que tamén realizou os decorados. Posteriormente pasou tres anos en Roma (1574-1577). De volta desta viaxe pasou por Viena, onde en compaña do escultor Hans Mont, construíu o arco de triunfo para a entrada do emperador Rodolfo II.

Logo de variadas vicisitudes causadas pola guerra, a perda da súa fortuna e a enfermidade, instalouse en Haarlem, onde xunto con Hendrik Goltzius e mais Cornelis Cornelisz. van Haarlem, fundou unha exitosa academia de pintura.

O Schilderboek editar

Porén, a súa fama provén fundamentalmente do seu libro Schilderboeck ("Libro dos pintores"), un voluminoso conxunto de biografías de pintores, que chegou adquirir para os países do norte de Europa unha importancia semellante á de Le Vite de' più eccellenti pittori, scultori, e architettori, de Vasari para Italia. Esta obra rematouna no ano 1603, publicándoa ao ano seguinte, 1604, coincidindo coa súa mudanza para Ámsterdam, onde falecería no 1606.

Van Mander influíu de xeito notábel na literatura sobre arte dos séculos XVII e XVIII, así entre outros, Cornelis de Bie e Arnold Houbraken imitaron a súa Schilderboeck.

Mestre de Frans Hals editar

Van Mander foi mestre de Frans Hals, aínda que parece que a influencia sobre o seu pupilo non foi tan importante - de certo Hals estaba en desacordo coa convencional crenza de Mander de que a pintura de tema histórico ocupaba o lugar preeminente na xerarquía dos xéneros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar