Kapi (Automóviles y Autoscooter Kapi) foi un fabricante de automóbiles español con sede en Barcelona a partir de 1950 ata 1955.

Kapi Jip

Orixes editar

Fundada en Burgos polo capitán de infantaría Federico Saldaña Ramos, desenvolveu un pequeno vehículo que foi presentado ao Capitán Xeneral de VI Rexión Militar, así como ao gobernador civil de Burgos, que quedaron gratamente sorprendidos das ideas do capitán Saldaña. Rapidamente rexistrouse o cochiño coa patente 194.762.

O nome da marca provén do diminutivo de capitán capi, no que se substituíu a c por unha k.

Posteriormente a empresa trasladouse a Barcelona, á rúa Valencia 550, onde comezaron as súas actividades, aínda que se trasladaron máis tarde á rúa Robreño 86. Tamén dispoñían de oficinas na Rambla de Cataluña, 41.

Cronoloxía e modelos editar

A empresa mesturou compoñentes de varias procedencias sen orde nin concerto e sen a máis mínima metodoloxía, polo que é moi difícil establecer unha clasificación dos vehículos fabricados. Segundo unhas fontes ascenderon a 70 e outras cifran a súa produción en case 300 unidades. Tamén resulta difícil establecer unha cronoloxía dada a cantidade de modelos e a falta de documentación.

O primeiro coche foi un de tres rodas, dúas portas Runabout impulsado por un motor de 2 cv de 125 cc monocilíndrico de dous tempos feito por Montesa. A única roda estaba na fronte.

Outros modelos posteriores son os seguintes:

  • a Kapiscooter con motor Hispano-Villiers
  • o Jip, un Jeep miniatura con motor de 197 cc
  • O Chiqui, un vehículo de tres rodas cunha soa roda na parte traseira
  • O Platillo Volante, un cupé de catro rodas
  • O M190 con carrozaría dun Mercedes 190 en miniatura.

Notas editar

  • David Burgess Wise, The New Illustrated Encyclopedia of Automobiles

Ligazóns externas editar