Kamoya Kimeu
Kamoya Kimeu, nado no condado de Makueni cara a 1938[1] e finado en Nairobi o 20 de xullo de 2022,[2][3] foi un famoso buscador de fósiles kenyano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1938 Makueni County, Kenya (en) |
Morte | 20 de xullo de 2022 (83/84 anos) Nairobi, Kenya |
Actividade | |
Ocupación | paleoantropólogo |
Descrito pola fonte | Kamoya Kimeu, Fossil-Hunting ‘Legend’ in East Africa, Is Dead (en) |
Traxectoria
editarAxudante de Louis Leakey, co que comezou a traballar en 1964 e integrou a coñecida como a banda de homínidos. Participou en numerosas descubertas de fósiles de homínidos en Kenya e en Tanzania e descubriu o neno de Turkana o 23 de agosto de 1984, un esqueleto fosilizado case completo dun Homo erectus de hai 1,5 millóns de anos.
Notas
editar- ↑ Mutu, Kari (2021-07-18). "Honour finds Kenya’s oldest fossil hunter Kamoya Kimeu". The EastAfrican. Consultado o 2021-07-19.
- ↑ Risen, Clay (2022-08-11). "Kamoya Kimeu, Fossil-Hunting ‘Legend’ in East Africa, Is Dead". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-08-13.
- ↑ "Kamoya Kimeu obituary" (en inglés). The Times. 18 de agosto de 2022. Consultado o 18 de agosto de 2022.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |