Kamehameha II
Kamehameha II, nado en 1797 en Hilo (Illa de Hawai) e finado o 14 de xullo de 1824, foi o segundo rei do Reino de Hawai. Era coñecido como Liholiho pero o seu nome completo era Kalaninui kua Liholiho i ke kapu ʻIolani. Cando ascendeu ó trono, o seu nome pasou a ser Kalani Kaleiʻaimoku o Kaiwikapu o Laʻamea i Kauikawekiu Ahilapalapa Kealiʻi Kauinamoku o Kahekili Kalaninui i Mamao ʻIolani i Ka Liholiho.
Kamehameha II | |
---|---|
Rei de Hawai | |
![]() | |
Kamehameha II de Hawai. | |
Reinado | 20 de maio de 1819 - 14 de xullo de 1824 |
Nome completo | Kalani Kaleiʻaimoku o Kaiwikapu o Laʻamea i Kauikawekiu Ahilapalapa Kealiʻi Kauinamoku o Kahekili Kalaninui i Mamao ʻIolani i Ka Liholiho |
Nacemento | 1797 Hilo, Illa de Hawai, ![]() |
Falecemento | 14 de xullo de 1824 (27 anos) Londres, Inglaterra |
Sepultura | Mausoleo Real de Hawai |
Predecesor | Kamehameha I |
Rexente | Ka‘ahumanu |
Sucesor | Kamehameha III |
Cónxuxe/s | Kamāmalu Kīnaʻu Kekāuluohi Pauahi Kekauʻōnohi |
Proxenitores | Kamehameha I Keōpūolani |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
TraxectoriaEditar
Era o primoxénito de Kamehameha I e da súa esposa de máis alto rango, Keōpūolani. Foi educado como herdeiro ó trono dende os cinco anos.
Kamehameha II subiu ó trono ó morrer Kamehameha I en maio de 1819, pero entre outras condicións, obrigárono a desempeñar un papel exclusivamente cerimonial; deixando o poder administrativo en mans de Ka‘ahumanu, a esposa preferida do seu padre, a quen se lle concedeu o título de Kuhina Nui, equivalente aproximado dun primeiro ministro.
Kamehameha II é principalmente coñecido por decretar a abolición do antigo sistema de leis chamado kapu, tan só seis meses despois de comenzar o seu reinado. Durante o seu reinado tamén se produciu a chegada dos primeiros misioneiros cristiáns ó arquipélago de Hawai
En novembro de 1823, viaxou a Londres coa intención de culminar as negociacións dunha alianza entre Hawai e o Reino Unido. Porén, antes de encontrarse co rei Xurxo IV, el e a súa consorte, Kamāmalu, colleron o sarampelo xa que non estaban inmunizados. Kamehameha II faleceu o 4 de xullo de 1824. O seu sucesor foi o seu irmán menor, Kauikeaouli, que se converteu en Kamehameha III.
Árbore xenealóxicaEditar
16. Keaweikekahialiʻiokamoku | ||||||||||||||||
8. Keʻeaumoku Nui | ||||||||||||||||
17. Kalanikauleleaiwi | ||||||||||||||||
4. Keōua Kalanikupuapaʻikalaninui | ||||||||||||||||
18. Ku-a-Nuʻuanau | ||||||||||||||||
9. Kamakaʻimoku | ||||||||||||||||
19. Umiula-a-Kaʻahumanu | ||||||||||||||||
2. Kamehameha I | ||||||||||||||||
20. Kauaua-a-Mahi | ||||||||||||||||
10. Haʻae-a-Mahi | ||||||||||||||||
21. Kalanikauleleaiwi | ||||||||||||||||
5. Kekuʻiapoiwa II | ||||||||||||||||
22. Keaweikekahialiʻiokamoku | ||||||||||||||||
11. Kekelakekeokalani-a-Keawe | ||||||||||||||||
23. Kalanikauleleaiwi | ||||||||||||||||
1. Kamehameha II de Hawai | ||||||||||||||||
24. Kalaninuiamamao | ||||||||||||||||
12. Kalaniʻōpuʻu | ||||||||||||||||
25. Kamakaʻimoku | ||||||||||||||||
6. Kīwalaʻō | ||||||||||||||||
26. Kekaulike | ||||||||||||||||
13. Kalola Pupuka-o-Honokawailani | ||||||||||||||||
27. Kekuʻiapoiwa | ||||||||||||||||
3. Keōpūolani | ||||||||||||||||
28. Keʻeaumoku Nui | ||||||||||||||||
14. Keoua Kalanikupuapaikalaninui | ||||||||||||||||
29. Kamakaʻimoku | ||||||||||||||||
7. Kekuʻiapoiwa Liliha | ||||||||||||||||
30. Kekaulike | ||||||||||||||||
15. Kalola Pupuka-o-Honokawailani | ||||||||||||||||
31. Kekuʻiapoiwa | ||||||||||||||||
Predecesor: Kamehameha I |
Rei de Hawai 1819 - 1824 |
Sucesor: Kamehameha III |
Liña de tempoEditar

Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Biografía de Kamehameha II (en inglés)
- Kamehameha II (en inglés)