Dinastía Kamehameha

A Dinastía Kamehameha (Hale O Kamehameha en lingua hawaiana) ou Casa Kamehameha, foi a familia reinante do Reino de Hawai entre a unificación das illas por Kamehameha I en 1810 e a morte de Kamehameha V en 1872. A dinastía descende da Familia Keōua, xa que Kamehameha I era o segundo fillo de Keōua Nui.

Escudo de armas do Reino de Hawai.

As súas principais contribucións foron a institución dunha forma de goberno baseada na constitución, a abolición dos antigos sistemas de normas e leis hawaianas (coñecidas como Kapu) en favor das leis occidentais, a proclamación do Edicto de Tolerancia dando liberdade de relixión, e a promulgación da Gran Mahele, que permitiu a propiedade privada das terras por primeira vez en Hawai.

Monarcas Kamehameha editar

Liña de tempo editar

LiliʻuokalaniKalākauaLunaliloKamehameha VKamehameha IVKamehameha IIIKamehameha IIKamehameha IDinastía KalākauaDinastía KeōuaDinastía Kamehameha

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar