Kamaliya
Natalya Shmarenkova, máis coñecida como Kamaliya Zahoor (ucraíno: Камалія Захур, ruso: Камалия Захур) nada en Zabaykalye, Rusia o 18 de maio de 1977, é unha cantante, modelo e actriz ucraína. Tamén foi Mrs. Mundo 2008.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (uk) Ната́лія Ві́кторівна Шмаренкова 18 de maio de 1977 (47 anos) Transbaikal, Rusia (en) |
Outros nomes | Камалия |
Educación | University of Culture (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Relacións internacionais |
Ocupación | cantante, cantautora, violinista, actriz, modelo, modelo |
Período de actividade | 1993 - |
Xénero artístico | Música pop, pop rock e Synthpop |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Violín e voz |
Selo discográfico | Velvet Music (pt) |
Participou en | |
década de 2010 | Euromaidan |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Mohammad Zahoor |
Premios | |
Sitio web | kamaliya.co.uk |
|
Biografía
editarKamaliya naceu en 1977 en Zabaikallye, Chita Oblast, Rusia. Cando a súa familia trasladouse a Lviv, ela tivo clases de violín e de ópera, e ao mesmo tempo na escola, ela participou en moitos concertos. Os seus esforzos foron observados e ela recibiu unha invitación para cantar co grupo de música folk ucraína "Halytska Perlyna"
En 2003, Kamaliya casou con Mohammad Zahoor, un empresario británico / paquistaní. Kamaliya tamén está implicada en proxectos de caridade en Ucraína e Paquistán.
En 2004, o Presidente de Ucraína concedeulle a Kamaliya o título de artista Honrado de Ucraína polas súas realizacións notables no desenvolvemento da cultura ucraína.
Nacionalidade
editarAínda que naceu en Rusia, dende pequena vive en Ucraína, polo que ten a nacionalidade Ucraína e non a rusa.
No 2003, cando casou con Mohammad Zahoor ela adquiriu a dobre nacionalidade Ucraína - Paquistán.
Concursos de beleza
editarEn 2003, ela converteuse en "Miss Ucraína do Sur" e "Miss Open - Odessa".
O 30 de xuño de 2008, Kamaliya venceu o concurso Mrs. Mundo. O evento tivo lugar en Kaliningrado, en Rusia. Ela clasificouse no top cinco de competidoras, que foron as seguintes: Sra Ucraína, Sra Belarús, Sra Vietnam, Sra Perú e Sra Singapur.
En 2009 estaba en Vietnam para pasar a súa coroa para a Sra. Mundo de 2009 a Sra Rusia, Victoria Radochinskaya.
Carreira cinematográfica
editarO primeiro papel de Kamaliya nunha película, foi na comedia Muzh Moey Vdovy (ruso: Муж моей вдовы | galego: O marido da miña viúva) por Leonid Gorovets. O filme tivo o seu lanzamento o 1 de abril de 2010 en Ucraína e Rusia
Carreira musical
editarSingles
editar- "Crazy In My Heart" (2012)
- "Rising Up" (2012)
- "Arrhythmia" (2012)
- "Butterflies" (2012)
- "Arrhythmia" (2012)
Albumes de estudo
editar- "Techno Style" (1997)
- "Kamaliya, With Love"
- "Year Of The Queen"
- "Kamaliya" (2012)
- "Club Opera" (2012)