Kai Hansen

músico alemán

Kai Hansen é un guitarrista e vocalista, amais de compositor de heavy metal, nado en Hamburgo (Alemaña o 17 de xaneiro de 1963).

Kai Hansen
Data nacemento17 de xaneiro de 1963 (61 anos)
Nado enHamburgo República Federal Alemá
Ocupaciónguitarrista, cantante, músico, produtor musical e compositor de cancións
Xéneroheavy metal
Instrumento(s)guitarra, voz
Relacionado conHelloween, Gamma Ray
Na rede
IBDB: 44064
MySpace: gammaray Musicbrainz: 73dcbc17-9c8b-435c-a2b2-4c20ce6ccefc Songkick: 3748 Discogs: 253728 Allmusic: mn0000352034 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Formou Helloween en 1984 (grupo de Speed Metal) con Michael Weikath, grupo no que tocou até 1988, cando decide abandonar a banda e formar un novo proxecto en solitario, que se plasmaría na formación, en 1988 do grupo de Power Metal Gamma Ray.

Historia editar

Comezou tocando a batería á idade de 10 anos, e non foi até os 12 cando tivo a primeira guitarra nas mans. Logo tomou lección de música clásica durante 6 meses e ó cabo de 2 anos montou o seu primeiro grupo cuns compañeiros. Pouco despois coñeceu a Piet Sielk, e decidiron fundar Gentry, tocando música de Slade, de the Sex Pistols, de Uriah Heep así como temas propios.

Ó cabo dun tempo coñeceron a Ingo e a Markus, cos que fundaron Iron Fist (aínda que nun primeiro momento chamáronse Second Hell).

Foi despois, no servizo militar entre 1982 e 1984 cando coñeceu a Michael Weikath, entrando a tocar en Parefool (a banda de Weikath) até que decidiron refundar Iron Fist con Ingo e Markus. Coñeceron a Limp Schnoor, quen tiña algúns contactos en Noise Records e o resultado foi a gravación do seu primeiro Mini-LP Helloween, e o lanzamento posterior do primeiro álbum de Helloween Walls Of Jericho.

Logo de cimentar o éxito de Helloween e de dar forma a un novo subxénero no metal (o que se denominou Power Metal) cos álbums The Keeper Of The Seven Keys, Part I e The Keeper Of The Seven Keys, Part II, decidiu probar en solitario e formar Gamma Ray, grupo que lidera na actualidade (2006).

Ó longo dos anos mantivo múltiples colaboracións con Sielk, sendo notable a súa participación no proxecto de Sielk Iron Savior.

Discografía editar

Helloween editar

Gamma Ray editar