Ingo Schwichtenberg

músico alemán

Ingo Schwichtenberg, nado en Hamburgo o 18 de maio de 1965 e finado no mesmo lugar o 8 de marzo de 1995, foi un dos fundadores da banda alemá de heavy metal Helloween, en 1984, e o seu batería até 1993. É o autor da idea e dos deseños do ex-libris da banda: The Pumpkin (a cabaza).

Ingo Schwichtenberg
Nome completoIngo Schwichtenberg
AliasMr.Smille
Data nacemento18 de maio de 1965
Nado enHamburgo, Alemaña
Falecemento8 de marzo de 1995
 Hamburgo
SoterradoWandsbek
OcupaciónBatería
XéneroPower metal
Metal progresivo
Heavy metal
Metal neoclásico
Instrumento(s)Batería, percusión
Selo(s) discográfico(s)Horus Sound Studio
Noise Records
Nuclear Blast
EMI
Relacionado conHelloween
Tempo en activo1983 - 1995
PseudónimoMr Smile
Na rede
http://www.ingo-schwichtenberg.com/
Musicbrainz: c5c03ade-85ca-484c-a77d-25cbccd7f6d4 Discogs: 487247 Find a Grave: 19462550 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tras case unha década tocando en Helloween, comezou a ter problemas de esquizofrenia e de depresión maníaca, desencadeados pola inxestión abusiva de bebidas alcohólicas, drogas, o que, segundo a banda, foi o factor responsábel do seu suicidio.

A situación chegou ao límite no final dun concerto, no Xapón, en 1993, cando Ingo tivo unha forte crise psicótica, o que levou a que fose suspenso de actuar con Helloween até tratar a súa dependencia de drogas, tendo que ser substituído por Richie Abdel Nabi (que tocou só até ao final da xira) en plena digresión de promoción do traballo Chameleon.

Despois de deixar o grupo, e ser substituído por Uli Kusch, abandonou tamén a medicación psiquiátrica. O seu estado de saúde agravouse tras a morte repentina do seu pai, o que fixo que se mergullase na súa tristeza e que as crises esquizofrénicas se tornasen máis frecuentes.

En marzo de 1995, con 29 anos, puxo fin á súa vida tirándose ás vías do metro, na estación de Friedrichsberg, en Hamburgo.

Está enterrado no cemiterio de Waldfriedhof Volksdorf, en Hamburgo.

En 1996, o seu ex-colega de banda, Michael Kiske (ex-Helloween), dedicoulle algunhas músicas, como "Always" e "Do I Remember a Life?", do álbum Instant Clarity. Foi en 1996, tamén, cando Helloween lle dedicou o álbum The Time of the Oath.

Discografía editar

Como batería, participou nos seguintes álbums de Helloween:

Participou tamén como co-autor dalgúns temas dos álbums arriba referidos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar