A KBO League (hangul: KBO 리그) é o campionato de liga de béisbol profesional de Corea do Sur. O torneo naceu no ano 1982 con 6 equipos coa misión de profesionalizar este deporte no país. Na actualidade son dez os equipos que compiten cada ano neste torneo. Cada equipo está ligado a unha empresa industrial, de xeito que algúns deles levan no seu nome a marca comercial desa empresa, por exemplo: LG Twins, Kia Tigers, Samsung Lions, e outros. A KBO está considerada a segunda liga de béisbol máis importante de Asia e unha das máis importantes do mundo, so por detrás da MLB norteamericana e da NPB xaponesa. Analistas e especialistas en béisbol consideran a esta competición a un nivel intermedio entre o AA e o AAA das Ligas Menores estadounidenses.[1]

KBO League
Fundación1982
Rexión Corea do Sur
Equipos10
Actual campiónSSG Landers (5º título)
Máis laureadoKia Tigers (11 títulos)
Sitio webkoreabaseball.com

Formato editar

A liga está composta por 8 equipos que xogan nunha mesma división. Non existen ascensos nin descensos de categoría, é unha liga pechada. Ao longo da tempada regular cada equipo xoga 133 encontros, 19 fronte a cada un dos demais equipos. Ao remate da tempada regular, se disputan uns Play Offs para determinar o campión. En primeiro lugar disputan unha eliminatoria o 3º da clasificación fronte ó 4º. O gañador desta primeira eliminatoria xoga deseguido outra eliminatoria fronte ó 2º da clasificación. Cada unha destas eliminatorias é ó mellor de 3 encontros. O gañador desta última eliminatoria compite fronte ó 1º da clasificación nas Series de Corea ó mellor de 7 encontros polo título de campión nacional.

Equipos editar

Equipo Cidade Estadio Fundación Ingreso
 
Doosan Bears Seúl Jamsil Yagujang
25.553 espectadores
1982
Hanwha Eagles Daejeon Daejeon Hanwha Life Eagles Park
13.000 espectadores
1985 1986
 
Kia Tigers Gwangju Gwangju-KIA Champions Field
22.244 espectadores
1982
 
Kiwoom Heroes Seúl Gocheok Sky Dome
16.813 espectadores
2008
 
KT Wiz Suwon Suwon kt wiz Park
20.122 espectadores
2013 2015
 
LG Twins Seúl Jamsil Yagujang
25.553 espectadores
1982
 
Lotte Giants Busan Sajik Yagujang
26.800 espectadores
1975 1982
 
NC Dinos Changwon Changwon NC Park
22.112 espectadores
2011 2013
 
Samsung Lions Daegu Daegu Samsung Lions Park
24.000 espectadores
1982
 
SSG Landers Incheon Incheon SK Happy Dream Park
27.500 espectadores
2000
Equipos desaparecidos
Equipo Cidade Estadio Capacidade Fundación Desaparición
Hyundai Unicorns Suwon Suwon Yagujang 22.067 1982 2008
Ssangbangwool Raiders Jeonju Jeonju Yagujang 10.000 1991 1999

Mapa editar

Campións editar

O equipo mais dominador da liga coreana de béisbol é o Kia Tigers, que ten gañado o campionato 10 veces, a última en 2009; por diante do Samsung Lions, so 4 veces campión, pero que é o equipo con máis finais disputadas, 13, a última en 2010.

Equipo Campión Subcampión Temporadas campións Temporadas subcampións
KIA Tigers 11 0 1983, 1986, 1987, 1988, 1989, 1991, 1993, 1996, 1997, 2009, 2017
Samsung Lions 8 10 1985, 2002, 2005, 2006, 2011, 2012, 2013, 2014 1982, 1984, 1986, 1987, 1990, 1993, 2001, 2004, 2010 , 2015
Doosan Bears 6 9 1982, 1995, 2001, 2015, 2016, 2019 2000, 2005, 2007, 2008, 2013, 2017, 2018, 2020, 2021
SSG Landers 5 4 2007, 2008, 2010, 2018, 2022 2003, 2009, 2011 , 2012
LG Twins 2 4 1990, 1994 1983, 1997, 1998, 2002
Lotte Giants 2 3 1984, 1992 1985, 1995, 1999
Hanwha Eagles 1 5 1999 1988, 1989, 1991, 1992, 2006
NC Dinos 1 1 2020 2016
KT Wiz 1 0 2021
Kiwoom Heroes 0 3 2014, 2019, 2022

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar