Kélétigui Diabaté
Kélétigui Diabaté, nado 1931 e finado en Bamaco o 30 de novembro de 2012,[1] foi un músico maliano, considerado un "mestre sen disputa" do balafon,[2] e unha das "meirandes figuras da música contemporánea de Malí".[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1931 Malí |
Morte | 30 de novembro de 2012 (80/81 anos) Bamaco, Malí |
Actividade | |
Ocupación | músico, guitarrista |
Período de actividade | 2012 - |
Membro de | |
Instrumento | Saxofón, balafon e violín |
Biografía
editarDiabaté naceu en 1931 nunha familia de músicos de sona, e aprendeu a tocar a guitarra e o saxofón así como o balafon. A finais dos anos 50, axudou a formar a "Orchestre de la Garde Républicaine", que fixo xira por África Occidental. Converteuse en membro fundador, como guitarrista, da L'Orchestre National "A" da République de Mali, tamén coñecida como Formación A, que se constituíu coa independencia de Malí en 1960. Un álbum da banda foi lanzado tardiamente en Alemaña en 1970.
Máis tarde uniuse ós Les Ambassadeurs, a banda liderada polo cantante Salif Keita despois de 1972.[4] Desenvolveu o seu estilo de interpretación en concertos con músicos de jazz americanos, incluíndo o vibrafonista Lionel Hampton e a cantante Ella Fitzgerald, durante unha xira nos Estados Unidos en 1978, patrocinada pola Rockefeller Foundation,[3] e a partir de entón empregou a miúdo dous balafon xuntos, compensados cun semitón.[2]
Volveuse unir a Salif Keita en 1989, interpretando no álbum de Keita Ko-Yan, e noutros álbums de varios artistas, incluíndo a Zap Mama, Ketama e Bonnie Raitt.[3] Dende 1993, tocou coa Symmetric Orchestra, liderada polo intérprete de kora Toumani Diabaté.[4] Entre 1998 e 2009, interpretou como guitarrista da banda de Habib Koité Bamada, tomando parte no proxecto de xiras do grupo co Art Ensemble of Chicago, The Art Ensemble of Africa. Tamén gravou o seu propio álbum, Sandiya, en 2004, co selo musical belga Contre-Jour.[3]
Diabaté finou en Bamaco en novembro de 2012 á idade de 81 anos.[1] El seguiu actuando ata un mes antes do seu pasamento.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 AFP, Renowned Malian musician Keletigui Diabate dies, 1 de decembro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2012
- ↑ 2,0 2,1 Kélétigui Diabaté at African Guild. Consultado o 3 de decembro de 2012
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Cumbancha.com, Kélétigui Diabaté (1931-2012) Arquivado 06 de decembro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 3 de decembro de 2012
- ↑ 4,0 4,1 Biography by Craig Harris at Allmusic.com. Consultado o 3 de decembro de 2012