Jungfrun i tornet
Jungfrun i tornet (en galego A xove na torre) JS 101, é a única ópera completa de Jean Sibelius. Trátase dunha obra nun único acto dividida en oito escenas sobre un libreto en sueco de Rafael Herzberg baseado nunha balada popular finlandesa que conta unha historia de amor verdadeiro e xustiza.[3] A súa estrea tivo lugar o 7 de novembro de 1896 no Ruotsalainen teatteri de Helsinqui baixo a dirección do propio directror.
Jungfrun i tornet A xove na torre | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 1 acto |
Idioma orixinal do libreto | sueco |
Libretista | Rafael Herzberg |
Estrea | 7 de novembro de 1896 |
Teatro da estrea | Ruotsalainen teatteri[1] |
Lugar da estrea | Helsinqui |
Duración | 35 minutos[2] |
Música | |
Compositor | Jean Sibelius |
HistoriaEditar
A ópera foi composta por Sibelius en 1896, tan só un ano despois do éxito colleitado pola súa Suite Lemminkäinen.[4] A ópera foi estreada nunha versión de concerto durante unha recolección de fondos da Sociedade Filharmónica de Helsinqui o 7 de novembro de 1896 no Ruotsalainen teatteri de Helsinqui nunha versión de concerto coa Helsingin kaupunginorkesteri dirixida polo propio Sibelius.
Esta ópera case non se representa na actualidade, non aparecendo nas estatísticas de Operabase entre as 100 óperas máis representadas con tan só unha representación.[5]
PersonaxesEditar
Personaxe | Tesitura | Intérpretes na estrea o 5 de novembro de 1896 (Director: Jean Sibelius) |
---|---|---|
Jungfrun, a xove | soprano | Ida Flodin |
Fogden, o alguacil | barítono | Abraham Ojanperä |
Älskaren, o seu namorado | tenor | Engström |
Slottsfruen, a muller do castelo | mezzosoprano | Emmy Achté |
ArgumentoEditar
A historia está ambientada na Idade Media. Logo de que a xove rexeite os avances do alguacil (quen a quere para si), el a encadea e a secuestra no seu castelo. Ela consegue dicirlle ao seu namorado a súa situación e el prepárase para batirse en duelo para liberala cando chega a muller do castelo e arresta ao alguacil. A xove e seu namorado reúnense e a ópera finaliza coa alegría xeral.
NotasEditar
- ↑ Amadeusonline.net Arquivado 20 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en italiano)
- ↑ JEAN SIBELIUS: The Music
- ↑ Jean Sibelius:Jungfrun i Tornet (1896) (en inglés)
- ↑ THE MAN: The Symposion years 1892-1897 (en inglés)
- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2013.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- "Sancta Maria" por Karita Mattila (en YouTube)