Julito Rodríguez
Julito Rodríguez, nado en Santurce, Porto Rico, o 5 de outubro de 1925 e finado o 27 de xullo de 2013, foi un cantante de boleros, guitarrista e compositor.
Julito Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1925 |
Lugar de nacemento | Porto Rico |
Falecemento | 27 de xullo de 2013 |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | cantante, compositor e compositor de cancións |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Rodríguez interesouse pola música dende cativo. O seu pai animouno a estudar o violín e pronto, entrou a formar parte da Banda Hatuey, como substituto. Despois de trasladarse dentro da illa á localidade de Ponce, unha cidade localizada na costa meridional, montou a "Orquesta Hatuey de Ponce". Volveu a San Xoán en 1946 para estudar na Universidade de Porto Rico, uníndose á banda ROTC, dirixida por Rafael Alers. Contra 1947, Rodriguez atopou unha nova paixón musical na música de "trío". O seu primeiro "trío" foi "Los Romanceros". O grupo gozou dun éxito considerábel até 1950, cando Rodríguez decidiu unirse ao exército de Estados Unidos.