Abrir o menú principal

Julio Wonenburger

industrial e político galego
(Redirixido desde "Julio Wonenburger Canosa")

Julio Wonenburger Canosa, finado na Coruña o 1 de setembro de 1951,[1] foi un industrial e político galego.

Julio Wonenburger
Falecemento1 de setembro de 1951
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor e político
NaiMaría Wonenburger
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de Manuel Wonenburger Cabezudo, dono dunha empresa que fabricaba instrumentos de ferro, reparaba máquinas de vapor, bombas e todo o relacionado coa mecánica. Quedou orfo con 16 anos, fíxose cargo dos seus sete irmáns e continuou con negocio paterno de fundición. Foi presidente da Patronal metalúrxica da Coruña. Republicano, foi elixido concelleiro da Coruña en 1922. Afiliado á ORGA, participou no pacto de Lestrobe. Coa chegada da Segunda República foi nomeado deputado provincial en maio de 1931. En 1933 dirixiu o xornal Tierra Gallega.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a fundición Wonenburguer foi militarizada para producir obuses e pezas para aviación e maquinaria pesada. Tanto Julio como o seu irmán Juan conseguiron fuxir de expropiacións e sancións graza ás súas relacións, a satisfacer onerosos pagos e á rápida colaboración co réxime. Julio reinstalou unha fábrica de calzado que traballou para o exército golpista como provedor de calzado e correaxes, e despois pasou a ocupar un lugar destacado na provisión de alimentos e uniformes para fronte. Na posquerra foi colaborador habitual do réxime, organizou e sufragou o arco monumental co que se recibiu ao caudillo na súa primeira visita á Coruña ao rematar a guerra. A pesar de ter cargos por pertenza á masonaría nunca foi sancionado.

Vida persoalEditar

Casou en 1926 con Amparo Planells Rubio e foi pai da matemática María Wonenburger Planells.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-9-1951, p. 7.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Vázquez Souza, Ernesto (2006). Noticia mínima e contexto da "Asociación Regional de Padres de Familia para la defensa del Laicismo en la Enseñanza", A Coruña (1931-1936). A Coruña: Laiovento. pp. 70–71. ISBN 84-8487-103-7. 

Ligazóns externasEditar