Julio Portela Gómez

médico e político galego

Julio Portela Gómez, nado na Guarda en 1920 e finado no mesmo concello o 12 de febreiro de 1999,[1] foi un médico e político galego.

Julio Portela Gómez
Nacemento1920
 A Guarda
Falecemento12 de febreiro de 1999
 A Guarda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Ermelindo Portela Melón e irmán de Ermelindo Portela Gómez. Funcionario municipal da Guarda. Foi nomeado alcalde da Guarda o 21 de xaneiro de 1945, permanecendo no cargo até o 31 de outubro de 1946.[2] Foi director de Xestoría Portela.


Predecesor:
Agustín Lomba Gómez
  
Alcalde da Guarda
 
1945 - 1946
Sucesor:
Rafael Salcidos Sobrino

Vida persoalEditar

Casou con Mª Emilia Rodríguez Nandín.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 13-2-1999, p. 79.
  2. "Alcaldes da Guarda". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar