Julia Peguero Sanz

Julia Peguero Sanz, nada en Zaragoza en 1880 e finada en Madrid o 4 de decembro de 1978, foi unha mestra e feminista española. Foi nomeada secretaría segunda da sección de Filosofía do Ateneo de Madrid en 1922. En 1930 foi a única que votou en contra de nomear a Miguel de Unamuno como socio de honra de dita institución. Tamén foi directora de Mundo Femenino,[1][2][3] órgano de expresión da Asociación Nacional de Mujeres Españolas.

Infotaula de personaJulia Peguero Sanz
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (97/98 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , política , pintora Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte de paisaxes Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1899 figuraba como opositora a Escolas Normais no programa de «Gramática general, Filología y Literatura castellanas» e no de «Aritmética, Geometría y Álgebra».[4]

O 20 de outubro de 1918, na casa de María Espinosa de los Monteros, Julia foi cofundadora da Asociación Nacional de Mujeres Españolas. Formou parte da súa directiva dende 1920, primeiro como secretaria xeral, e dende 1932, como presidenta.[1][3]

Destacada activista no Ateneo de Madrid, en xuño de 1919 foi elixida para formar parte da sección de Música.[1][3]

En 1920, a Xunta Directiva da Asociación Nacional de Mujeres Españolas tiña como presidenta a María Espinosa de los Monteros, como vicepresidenta a Dolores Velasco de Alamán, e como secretaria xeral a Julia Peguero de Trallero, quen nese momento xa casara e adoptara o apelido do marido, Ceferino Trallero Mateo. Este finou en Madrid o 7 de xullo de 1930.[5][6]

Ademais, como vicesecretaria estaba Luisa Salina de Gorostidi, como tesoureira Ana Picar, como contadora Benita Asas Manterola, e como vocais María Valero de Mazas, Isabel Oyarzábal, María Martos, Pilar Gutiérrez, Julia Pérez Baza, Natividad Albertos, Emilia Pastor e Isabel Alda.[3]

O 25 de marzo de 1921 a ANME dotouse dun órgano de propaganda, Mundo Feminino, que existiu até 1936. Foi dirixido desde 1932 por Julia Peguero, a cuarta e última presidenta da institución. Antes encabezaran a organización María Espinosa de los Monteros (1918-1920), Dolores Velasco de Alamán (1920-1924) e Benita Asas Manterola (1924-1932).[3][7]

Na xunta xeral do Ateneo de Madrid o venres 28 de marzo de 1930, Julia Peguero foi a única socia que votou en contra de nomear a Miguel de Unamuno como membro de honra. Consideraba que este nomeamento tiña carácter político, máis que tratarse dun recoñecemento real da figura de Unamuno.[8]

O 1 de xaneiro de 1934, no seu “Manifiesto a la mujer”, Julia Peguero afirma:

«Hagamos unidas, mujeres sin ideología definida, así como también las de ideas diversas, un organismo político independiente, que pueda ser considerado porque así lo merezca el prestigio de su actuación, como 'venero' de elementos femeninos espiritual y prácticamente separadas, sin apasionamientos partidistas que obstruyen la obra de buen gobierno, adonde acudan los gobernantes de buena voluntad en busca de colaboración desinteresada para la obra de paz y bienestar que el mundo anhela. [...] Los amigos todos de la democracia, acoged y amparar esta idea, porque si el recurso fracasa, cuando el mal es tan hondo, sólo nos esperan estos dos caminos: o la dictadura blanca o la tiranía roja.»

Así, en 1934 fundou dende a ANME o partido Acción Política Feminina Independente, o cal quixo coaligar, sen éxito, na Fronte Popular en 1936.[9][10]

Finou en Madrid, aos 98 anos, o 4 de decembro de 1978.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Julia Peguero Sanz 1880-1978" (en castelán). 2012. Consultado o 25 de novembro de 2017. 
  2. "Julia Peguero de Trallero – Letras desde Mocade" (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Poveda Sanz, María (2013). "Mujeres y Segunda Enseñanza en Madrid (1931-1939)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  4. "Suplemento a La Escuela Moderna". Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España. Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  5. "ABC (Madrid) - 16/07/1930, p. 46 - ABC.es Hemeroteca" (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  6. "ABC (Madrid) - 05/07/1931, p. 58 - ABC.es Hemeroteca" (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  7. Poveda Sanz, María (2014). "Mujeres y segunda enseñanza en Madrid (1931-1939)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  8. Muñiz, Alfredo (29 de marzo de 1930). "La dama que votó en contra de Unamuno". El Heraldo. p. portada. 
  9. Collectif; Fouque, Antoinette; Calle-Gruber, Mireille; Didier, Béatrice (26 de novembro de 2015). Le Dictionnaire universel des créatrices (en francés). Éditions des femmes. ISBN 9782721006516. Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  10. VV.AA. (2007). "El Madrid de las mujeres, avances hacia la visibilización (1833-1931)" (PDF). Consultado o 29 de novembro de 2017.