Julián Elvira

Julián Elvira é un frautista español, coñecido pola invención da frauta prónomo. É considerado por algúns críticos como o nome de referencia no que respecta á música contemporánea e de vangarda no Estado español, realizando estreas de numerosas composicións, entre as que destaca a estrea española do ciclo Carceri d’Invenzione de Brian Ferneyhough, e facéndoo adicatario de numerosas obras para frauta.[2]

Julián Elvira
Nome completoJulián López Elvira[1]
Nacemento1973
OrixeCuenca, España España
OcupaciónFrautista
Instrumento(s)Frauta travesa e frauta prónomo

TraxectoriaEditar

Realizou os seus estudos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde recibiu unha formación clásica. En 1996 trasladouse a Budapest (Hungría) para cursar estudos de posgrao en acústica da frauta na Budapesti Corvinus Egyetem da capital húngara.[1] En Budapest coñeceu ao Istvan Matuz, creador da teoría Complex, unha teoría que chamou a atención de Elvira, que dende ese momento profundizaría na mesma para chegar a súa materialización coa creación da "frauta definitiva", a frauta prónomo.

Foi solista da Banda Sinfónica de Madrid, traballo que delegou para realizar traballos de investigación e interpretación frautística que o levaron a ofrecer conferencias e concertos por todo o mundo.[2] Como froito do seu labor de investigación naceu en 1998 o seu primeiro traballo, "Expiral", que o definiu como un coñecedor exhaustivo da frauta, as novas tendencias e correntes, situándoo á vangarda tanto como creador como no eido interpretativo.[2]

En 2002 produciu o seu segundo traballo, "Ira", tamén dentro dun marco multidisciplinar a partir do desenvolvemento de novas tecnoloxías e estruturas.[1] Dous anos máis tarde, seguindo na mesma liña mais cunha mirada e atención nos máis novos, creou "Tubocatessen".[1]

O seu proxecto, "3.1 Culturas" (2009) levouno a Xapón, Siria e India, estudando a súa cultura e música para presentar o seu novo instrumento por todo o mundo.[2]

Dende 1997 compaxina o seu labor na Banda Sinfónica de Madrid coa creación e a investigación musical con especial énfase nos sons das frautas do mundo, a música electrónica, a improvisación e a vangarda.[3] Julián Elvira imparte clases na Academia de Música Maese Pedro de Madrid e nos cursos propostos pola Universidade Complutense da capital española.[3]

InstrumentosEditar

 
Frauta prónomo e o seu prototipo en 2010.
Artigo principal: Frauta prónomo.

Julián Elvira recibiu formación clásica no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid na especialidade de frauta travesa, instrumento co que desenvolve a súa actividade profesional na Banda Sinfónica de Madrid. Logo de máis de 10 anos de investigación, en 2009 se completa, grazas ao traballo do construtor de frautas británico Stephen Wessel, a creación da frauta prónomo, un instrumento único e de produción propia creado segundo os principios da teoría Cómplex e que supón un paso máis na evolución da frauta travesa dende as modificacións realizadas por Theobald Boehm.[3]

DiscografíaEditar

Ten realizado numerosas gravacións para Radio Nacional de España, Televisión Española, Sello Autor, Plataforma LTW, Verso, e Serie Phonos. A súa discografía como solista conta con tres traballos que presentan música para frauta soa e electrónica de nome como Halftter, Posadas, Rueda, Sánches-Verdú, Jiménez, Lewin-Richter, Brnic, Durán-Loriga ou Polonio.[2]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar