Jubilee (filme de 1978)
Jubilee é un filme de 1977, o segundo dos dirixidos polo británico Derek Jarman. O seu título fai mención ao xubileu de prata da raíña Isabel II, é dicir, ao seu 25º aniversario como monarca.
Historia
editarA raíña Isabel I de Inglaterra é transportada no tempo polo ocultista John Dee, grazas aos poderes do espírito Ariel (un personaxe d'A tempestade de Shakespeare), e chega ao ano 1977, xusto cando nunha liorta nos arrabaldes a raíña Isabel II é asasinada. Isabel I móvese entón a través dun Londres decadente, dominado pola violencia, e onde o principal interese son os grupos de música punk e a arte é unha forma cultural extinta.
A acción céntrase no seguimento dun grupo de mozas e das súas aduanadas: unha pirómana, unha au pair francesa escravizada, unha parella de irmáns homosexuais nunha relación incestuosa, unha pintora nun mundo en que a arte desapareceu, unha escritora que fai as súas propias versións resumidas da historia da decadencia de Inglaterra e Rod, a asasina da raíña Isabel, e que porta a súa coroa. Nunha redada contra un local de bingo ilegal, a policía asasina a parella de irmáns (Angel e Sphinx), e o grupo decide tomar vinganza, acoitelando un dos policías e queimando outro cun cóctel molotov. As escenas de violencia son constantes, con disparos, pelexas, sangue e coiteladas, así como as de sexo explícito, tanto de sexo por parellas como orxías, e crimes sexuais rituais.
Punk
editarNo filme aparecen distintas referencias ao movemento punk: fotografías da raíña caricaturizadas, un vídeo musical cunha versión pop do himno Rule Britannia, unha cunca de almorzo coa cabeza de Winston Churchill que escacha no chan... Ademais, no filme aparecen diversas iconas do movemento punk, como unha amante de Malcolm McLaren (Jordan), Toyah Willcox, Nell Campbell, Adam Ant, Demoriane e Wayne County. Ademais, algúns deses artistas interpretan a súa música no filme, como Wayne County e Adam and the Ants, xunto con The Slits e Siouxsie and the Banshees.
Actores, actrices e papeis
editarJenny Runacre | Raíña Isabel I / Bod |
Nell Campbell | Crabs |
Toyah Willcox | Mad |
Jordan | Amyl Nitrite |
Hermine Demoriane | Chaos |
Ian Charleson | Angel |
Karl Johnson | Sphinx |
Linda Spurrier | Viv |
Neil Kennedy | Max |
Jack Birkett | Borgia Ginz |
Jayne County | Lounge Lizard |
Richard O'Brien | John Dee |
David Brandon | Ariel |
Helen Wellington-Lloyd | Bufona |
Adam Ant | Kid |
Claire Davenport | Policía de fronteira |
Donald Dunham | Policía |
Iris Fry | Bingueira |
Quinn Hawkins | Neno |
Barney James | Policía |
Lindsay Kemp | Artista de cabaret |
Ulla Larson-Styles | Camareira |
Howard Malin | Schmeitzer |
Luciana Martínez | Dama de compañía de Borgia Ginz |
William Merrow | Maurice |
Gene October | Happy Days |
Prudence Walters | Dama de compañía de Borgia Ginz |
Joyce Windsor | Bingueira |
Steven Severin | Facendo de si mesmo |
Duggie Fields | Esmorgante |
Siouxsie Sioux | Facendo de si mesmo |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Jubilee na IMDb (en inglés).
- Julian Upton: Anarchy in the UK. Derek Jarman's 'Jubilee' revisited Bright Lights Film Journal, n.30, outubro 2000 (en inglés)