Juan Vázquez Loureda

enlace da guerrila antifranquista galega

Juan Vázquez Loureda, "Anido", nado en Mugardos en 1922 e finado en Mugardos o 15 de decembro de 2014,[1] foi un enlace da guerrilla antifranquista galega.

Infotaula de personaJuan Vázquez Loureda
Biografía
Nacemento1922 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nos anos corenta foi enlace da guerrilla antifranquista, proporcionáballes comida e apoio loxístico aos guerrilleiros.[2] Foi detido en 1950 por aloxar a Francisco Martínez Leira e outro guerrilleiro na súa casa, onde construíron un refuxio na corte. Xulgado en consello de guerra en Ferrol o 18 de marzo de 1952 con outros 42 enlaces da guerrilla,[3] foi condenado a quince anos. Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato ao Concello de Mugardos polo Partido Comunista de España.[4]

Vida persoal editar

Casou con Carmen Filgueiras Vázquez e foi pai de Juan e Dolores Vázquez Filgueiras.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, Ferrol, 16-12-2014, p. 50.
  2. Faleceu Juan Vázquez Loureda "Anido"
  3. "Cuarenta y tres paisanos acusados de ayuda a los bandoleros", La Voz de Galicia, 19-3-1952, p. 5.
  4. La Voz de Galicia, 2-7-1981, p. 36.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar