Francisco Martínez Leira
Francisco Martínez Leira, Pancho, nado en Bufarda (Ombre, Pontedeume) o 21 de decembro de 1916 e finado en Ombre o 31 de decembro de 1954, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Francisco Martínez Leira | |
---|---|
Alcume | Pancho |
Nacemento | 21 de decembro de 1916 |
Bufarda, Ombre, Pontedeume | |
Falecemento | 31 de decembro de 1954 |
A Mediña, Ombre, Pontedeume | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Participou na Guerra Civil nun Batallón do Terzo, aproveitando esta circunstancia para levar armas aos fuxidos. Despois da guerra residiu en Mugardos e traballou nos estaleiros de Bazán. Militante do PCE, incorporouse á guerrilla o 22 de xaneiro de 1948, tras descubrirse a súa participación na folga do aceite e o azucre que se desencadeara en Bazán. Integrado no Destacamento Arturo Cortizas como responsábel de transmisións. Pertenceu ao comité rexional do PCE (1949-1950). Cando Francisco Rey Balbís marchou a Francia en 1951 convértese no máximo dirixente da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Despois da caída de Foucellas o 9 de marzo de 1952 Francisco Martínez era practicamente o único guerrilleiro activo en Galicia. Foi abatido pola Garda civil o 31 de decembro de 1954 na Mediña (Ombre), logo dunha denuncia, cando se preparaba para fuxir ao estranxeiro.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Martínez, Lupe. "Francisco Martínez Leira, Pancho:A historia dunha fuxida sen retorno" (PDF). Revista eumesa de estudios (15): 7–17. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.