Abrir o menú principal

Juan Ramón Quintás

economista e político galego
(Redirixido desde "Juan Ramón Quintás Seoane")

Juan Ramón Quintás Seoane, nado na Coruña o 14 de agosto de 1943, é un economista e político galego.

Juan Ramón Quintás
Nacemento14 de agosto de 1943
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Bilbao, é doutor con premio extraordinario de doutoramento. Ampliou estudos na International School on Mathematical Systems Theory. Foi profesor de Teoría Económica na Facultade de Ciencias Económicas da USC. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia da Coruña na I lexislatura (1979-1982). Foi presidente de SODIGA (1982-1983). En 1984 incorporouse a Caixa Galicia como Director Xeral Adxunto (1985-1994), en 1994 foi nomeado Director Xeral da Confederación Española de Caixas de Aforros e en 2002 foi elixido presidente.

ObrasEditar

  • La empresa socialista. Una aproximación económica, 1971.
  • Sobre un modelo dinámico de monopolio, 1971.
  • La Economía como disciplina en etapa de transición hacia su constitución como ciencia empírica, 1973.
  • Economía y educación, 1983.

Véxase taménEditar