Juan Padrón

Juan Padrón, nado en Matanzas o 29 de xaneiro de 1947 e finado na Habana o 24 de marzo de 2020,[1] foi un caricaturista, realizador de debuxos animados, ilustrador, historietista e guionista cubano.

Juan Padrón
Juan Padrón.jpg
Nacemento1947 e 29 de xaneiro de 1947
Lugar de nacementoProvincia de Matanzas
Falecemento24 de marzo de 2020
Lugar de falecementoA Habana
NacionalidadeCuba
Alma máterUniversidade da Habana
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, pintor, guionista e escritor
Na rede
IMDB: nm0655870 Allocine: 12373 Allmovie: p105352 TCM: 1277341 Dialnet: 3578355 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Acadou a licenciatura de Historia da Arte na Universidade da Habana. Os seus primeiros traballos aparecen por primeira vez no suplemento estudantil Mella. Traballou como cámara de mesa na sección filmica das FAR (Fuerzas Armadas Revolucionarias). En 1970 publicou na revista Pioneiro o seu popular personaxe Elpidio Valdés.

Comezou a traballar no ICAIC (Instituto Cubano de Arte e Industrias Cinematográficas) en 1974 como director de debuxos animados. Creador ademais das series de animados Filminuto e Quinoscopio, este último en colaboración co humorista arxentino Quino, creador de Mafalda. Realiza a súa primeira longametraxe en 1979, Elpidio Valdés), e o segundo, Vampiros en La Habana, en 1985. Foi tamén membro da directiva da UNEAC.

NotasEditar