Juan Pérez Gómez
Juan Pérez Gómez, nado o 1 de xuño de 1947 en Arbo, foi presidente do equipo de fútbol Club Deportivo Ourense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1947 (77 anos) Arbo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEntrou a traballar na Renfe cando era un adolescente, con 15 anos, e toda a súa carreira profesional se desenvolveu vencellada ao transporte ferroviario, onde chegou a ser directivo de Adif. Despois dun primeiro contacto co fútbol sendo vicepresidente do Curtis, en 1984 instalouse a vivir en Ourense, e incorpórase á Federación Galega de Fútbol como representante do Club Deportivo Ourense. Nos anos seguintes ocupou diversos postos nas directivas do club, ata que en xaneiro de 2008 substituíu a Quino Muñoz como presidente.
En xuño de 2011 foi substituído á súa vez por Manuel Seoane Rodríguez, alcalde da Peroxa.