Abrir o menú principal

Juan Muíños Iglesias

Juan Muíños Iglesias, nado en Redondela, foi un avogado e político galego.

Juan Muíños Iglesias


Datos persoais
Nacemento Redondela, Galicia Galicia
Partido Falange Española

TraxectoriaEditar

Fillo de Juan Muíños Casal, dono do Hotel España de Redondela. Foi o fundador da delegación da Falange Española en Redondela. Participu na Guerra Civil Española como voluntario da 2ª Bandeira de FE de Pontevedra, e posteriormente como oficial. Ostentou o cargo de alcalde de Redondela, ao que accedeu o 29 de xaneiro de 1940, sucedendo ao anterior alcalde, Cándido Martínez Esteiro. Tres anos despois, en 1943, sucedíao na alcaldía Raúl Carlos Gunche López. En 1951 volveu a acceder á alcaldía, na que se mantería até 1966, cando Pedro Otero Rey o sucedeu. Tamén foi deputado provincial. Despois foi delegado do Instituto Social da Mariña en Redondela.

Recibiu varias condecoracións pola súa participación na “Guerra de liberación”. Tamén recibiu a Cruz de Caballero de Cisneros polos “servizos prestados á causa”.[1]

No seu mandato destacou polo intento de privatización da praia de Cesantes.[2]


Predecesor:
Cándido Martínez Esteiro
  
Alcalde de Redondela
 
1940 - 1943
Sucesor:
Raúl Carlos Gunche López
Predecesor:
Francisco Cunqueiro Montenegro
  
Alcalde de Redondela
 
1951 - 1966
Sucesor:
Pedro Otero Rey

NotasEditar

  1. Anecdotario Redondelán (ed.). "Alcaldes de Redondela". Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 
  2. Anecdotario Redondelán (ed.). "Partidos políticos de Redondela.". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 

Véxase taménEditar